A tecnoloxía como substituta

Ata que punto pode ocorrer un caso como este?

Creo que no momento que estamos a vivir os ordenadores, a televisión ou as consolas, son en moitos casos os encargados de ocupar o espazo dos máis pequenos co obxectivo de que non molesten. Creo que este uso da tecnoloxía está a xeneralizarse, posto que é a maneira máis sinxela de que os nenos e non tan pequenos esten ocupados con algo. Pero é isto educativo? claramente a resposta e non, aínda que os videoxogos ou programas de televisión sexan educativos, non se pode esquencer a maior fonte de aprendizaxe que temos dende pequenos, a nosa primeira influencia, a familia.Polo que, en ningún momento unha conversa ou xogar con teus país pode ocupar este lugar.

Creedes que estamos a afastarnos das persoas máis cercanas por medio da tecnoloxía?, Considerades que empregar videoxogos educativos é a base dunha formación?, Estamos tan sumamente ocupados que non atopamos o momento para estar coas persoanas que nos rodean? ou Estamos a converter as tecnoloxías nas "niñeras" ideais?

Comentarios

  • Sergio Rodriguez Diaz

    Coido que a base da formación debe ser sempre, na medida do posible, o contacto humano. En todo caso, coido que a raíz do problema expresado na viñeta non esta na tecnoloxía, nin en Pablito, senón na súa nai, que non sabe ou non pode darlle todo o que a tecnoloxía lle da.

    En relación a isto, considero de grande interese a lectura do primeiro relato do libro "Yo, robot" de Isaac Asimov, no cal se narra a experiencia dunha nena co seu "robot niñera". Da pé a máis dunha reflexión. 

  • Silvia Seren Sampedro

    Estou totalmente dacordo contigo, Coral. Na miña entrada chamada Desintoxicación Tecnológica tamén plantexo algo semellante, xa que opino que a esencia da familia, desgraciadamente se está perdendo. Os nenos de agora teñen de todo e están tan enganchados ós aparellos que non saben vivir sen eles, pero ante todo non deixan de ser nenos que non se decatan desta adicción, co cal terían que ser os adultos os que actuasen como tal e impedirlle que pasen tantas horas con videoxogos, ou outros aparellos (como no caso do debuxo de Pablito e o ordenador, o cal xa non distingue quen é súa nai) e establecer as bases para unha boa relación familiar.

    Iniciativas como por exemplo, tentar comer todos xuntos e sen tecnoloxías, agás a televisión a un volume moderado, xa que esta, ás veces da pe a debates interesantes; establecerlle ós nenos un horario para facer os deberes e mentres descansan poden mirar a tele ou andar no ordenador; se é posible (digo esto polos horarios de traballo) os pais e nais deberían compartir algún tipo de actividade cos fillos, etc. e de todas estas formas e moitas máis que se vos ocorran, os rapaces non sentirán a necesidade de ocupar o seu tempo coas tecnoloxías, ante a ausencia de atención ou cariño por parte dos adultos.

  • coral lopez lozano

    Estou totalmente dacordo con vos, a clave esta na familia, en como as propias persoas empreguemos as tecnoloxías e con que fin. Moitas veces non nos percatamos do tempo que ocupan nas nosas vidas e isto produce que en moitos casos sustitúan a relación coas persoas que temos máis preto.

    Por outro lado, prometo botarlle un ollo ao capítulo que me comentas, posto que penso que é un claro exemplo do que expresa a viñeta. Ademais coido que non estamos a analizar o que implica a tecnoloxía nas nosas vidas e como está a cambiar os nosos hábitos.