Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

Estudo de caso: integración das tecnoloxías nun centro educativo

Documento a partir do cal realizo a miña derradeira entrada ó blog sobre a integración das novas tecnoloxías nun colexio. Destacar que se trata dunha tese doutoral substraída da biblioteca de Psicoloxía e de Ciencias da Educación.