Aprender en comunidade coas TIC

Aprender en comunidade coas TIC
Por Pablo

Boas,

vou compartir tres artigos que fan referencia a escolas que enfocan o seu traballo na liña das comunidades de aprendizaxe.

Este primeiro artigo fai referencia a unha experiencia que se levou a cabo no CEIP Tirso de Molina con alumnado de 4 de Primaria e as nais do mesmo, coa colaboración de persoas voluntarias da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Córdoba. A idea fundamental desta experiencia era a construción conxunta dun escenario de ensino- aprendizaxe, no marco da escola TIC 2.0, no que colaborasen diversos axentes, algúns deles excluídos sistematicamente da practica escolar como é o caso das familias.

Esta é a referencia: Blanco R., Rodríguez Mª., Segovia B. (2011): Aprender en comunidad con las TIC. publicado en Cuadernos de Pedagogía no nº 410.

Saúdos