Cando o diálogo ponse ao servizo da comunidade

Cando o diálogo ponse ao servizo da comunidade
Por Pablo

Boas,

o segundo artigo fai mención a unha experiencia que se desenvolveu no CEIP A Paz de Albacete. No devandito centro, durante o curso escolar 2007-2008, implantouse un proxecto de transformación do centro nunha Comunidade de Aprendizaxe para dar resposta aos problemas de conflitividade, fracaso escolar e abandono presentes no centro. Desde entón, experimentouse unha transformación social e cultural que transcendeu os límites físicos da aula para beneficiar a todo o barrio que se atopaba en risco de exclusión social.


A premisa básica da que se partiu foi o emprego dun modelo de comunidade onde se primaba o diálogo, o consenso sobre as normas e a resolución de conflitos entre iguais. Con estes principios como base da comunidade de aprendizaxe logrouse achegar a escola ás familias, e alcanzar tamén unha maior implicación das mesmas así como unha maior motivación do alumnado.

A referencia do artigo é a seguinte:  Pérez M. (2009); Cuando el diálogo se pone a servicio de la comunidad. publicado en Cuadernos de pedagogía nº 396 Monográfico.

Saúdos