Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

Reiniciándonos en 3, 2, 1...

Subo este documento xa que considero que é de gran utilidade para esta materia de "Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado", ó expoñer polo miúdo o concepto de formación. Ademais supón un apoio para a miña derradeira entrada, xa que hai información contida no documento sobre a que reflexionei.