Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

Modelo técnico ou modelo crítico-reflexivo de formación do profesorado, cal ven sendo máis pedagóxico?

Presento un documento en PDF sobre os modelos de formación do profesorado que me foi de gran axuda para desenvolver a miña última entrada. Coido que é un documento moi valioso para a materia de "Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado" xa que explica pormenorizadamente en qué consiste cada modelo, coa súa definición, características, rasgos e mesmo os fundamentos teóricos. Dende a miña óptica esta temática é moi interesante á hora de analizar qué tipo de modelo desenvolven ou desenvolveron os nosos profesores.