Psicopedagogas viaxeiras

Psicopedagogas viaxeiras

"Nunca consideres o estudo como unha obriga, senón como unha oportunidade para penetrar no belo e maravilloso mundo do saber". Einstein.

A orientación e o asesoramento na lexislación educativa

Dada a situación de folga destes dias que foi levada a cabo pola presente reforma educativa que está a acontecer no panorama educativo, dende o noso grupo quixemos facer unha reflexión sobre o enfoque que se da á orientación e ó asesoramento na lexislación educativa, facendo un barrido dende a implantación da LOXSE e a importancia que supuxo para o mundo da orientación, coa actual lei educativa LOE e o que deparará a LOMCE segundo o breve contido que se recolle ata o de agora, referido ó ambito da orientación educativa.

Deste xeito, recollemos unha breve e profunda análise que, o noso xuízo, xorde dun vaivén político máis que por consenso dos profesionais do ámbito, que é como podería resultar máis fructífera. Esperamos con isto, que nos sirva a todos para unha reflexión sobre todos estes aspectos que nos incumben directamente dende a nosa rama profesional.