Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

Reflexión sobre a sesión de clase pasada na que desenvolvemos a técnica do "Acuario".

A raíz da reflexión sobre todos aqueles aspectos tratados na sesión de clase pasada na materia de "Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado" e profundizando polo miúdo nalgún que outro elemento, atopei este documento en PDF que vos amoso. Presenta os fundamentos nos que se debería basear a práctica docente co fin de ollar o ensino como un proceso de comprensión, reflexión e razoamento, comentando tamén a importancia das políticas educativas e as investigacións no desenvolvemento docente.