¿A culpa de quen é?

Moitas veces dende a Pedagoxía debatimos acerca da formación que recibe o alumnado. A necesidade de colaboración entre tódolas partes implicadas na formación do individuo (pais, profesores, comunidade e administración). Pero realmente pasa isto?. Como podedes ver, subo este archivo a nosa plataforma xa que me parece moi apropiado en relación a realidade que estamos a vivir nos nosos días; na que os país se desentenden, en moitas ocasións, da formación ou educación dos seus fillos transferindo as súas obligacións ao profesorado, a administración recortando a mais non poder e, como non, os profesores/formadores desbordados ante o continuo aumento das súas responsabilidades e obligacións... Ante este panorama, na miña opinión, tan só hai un perxudicado como ben pon de manifesto esta imaxe, o alumno.

Comentarios

  • Nerea Bastón Martínez

    Eu neste caso relaciono a viñeta co primeiro capítulo de Andy Hargreaves, Enseñar en la sociedad del conocimiento, pois aquí teríamos ós que levan a cabo o rol de víctimas da sociedade do coñecemento. O final, os que sofren e sobre os que repercute esta situación sempre son os nenos.

  • Álvaro Conde Debén

    Completamente dacordo contigo Nerea, penso que a imaxe e moi representativa e pon de manifesto que os verdadeiros perxudicados de todo isto son os rapaces, os estudantes. Xeralmente a súa educación é "olvidada" traspasándose responsabilidades de uns a outros continuamente. Por último decirche que me parece moi interesante a relación que estableces con Andy Hargreaves.