Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

Fracaso escolar, o noso profesorado ten a culpa disto?

Publico o seguinte arquivo en PDF xa que a autora do mesmo (Flavia Tegiri) realiza unha análise exhaustiva da situación de fracaso escolar dende unha visión puramente psicoeducativa, centrándose nos centros escolares e nas súas prácticas educativas, ollándoas como prácticas culturais. É un traballo moi minucioso sobre o fracaso escolar polo que considero é interesante ler.