Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

Fracaso escolar, o noso profesorado ten a culpa disto?

Juan Manuel Escudero preséntanos mediante este documento a situación de fracaso escolar dende unha perspectiva relevante: a exclusión social. Así, desenvólvenos estes dous termos tan interrelacionados entre si, amosando factores que inciden nos mesmos, así como as respostas educativas e sociais que se levan a cabo. Un documento moi enriquecedor con respecto a situación actual de fracaso escolar.