Critica sobre a escola actual

Comparto con vós este arquivo, xa que me parece moi acertado como crítica ao sistema educativo que se está a dar na actualidade.

Como se aprecia na viñeta, vese como os alumnos lle fan mais caso ao televisor que a súa propia mestra. A miña maneira de velo, isto débese principalmente a extrema "indiferencia" que moitas veces demostran os pais dos meniños. Deixan os seus fillos diante do televisor durante moito tempo, non existe, xeralmente, ningún tipo de filtro na "familia" coa programción que ven os educandos (moi pouco educativa polo normal). Por estes motivos, entre moitos outros, danse numerosos casos de alumnos que teñen apreciacións erróneas ou moi condicionadas da realidade que foron recollidas a través do televisor.

Por outra banda, nesta imaxe, producese unha gran crítica ao profesorado. Tíldase a este colectivo de non contar coas estratexias necesarias para sacar a súa clase adiante, de motivar aos seus alumnos... Na miña opinión, penso que todos nos atopamos durante o noso periplo estudantil con numerosos profesores carentes de actitudes e aptitudes necesarias para o desempeño da súa función.

Por estes motivos, penso que tal e como dice a imaxe os pais deben manter un maior control sobre os seus fillos, recomendandolles programas educativos, culturais... sen deixar atrás o ocio e o entreteñemeto (adecuado a idade de cada suxeito).

E por parte do profesorado debese avogar por metodoloxías activas, que traballen coa motivación e a participación do educando. Este ultimo, debe ser un suxeito activo na súa aprendizaxe, non un mero espectador do mesmo.

Este e o meu punto de vista, a vós que vos parece?