Funcións do profesorado

Esta imaxe pon de manifesto a realidade actual dos mestres en xeral. Como se pode ver, xeralmente a profesión de formador trae consigo unha innumerable lista de funcións, tarefas... E tal e como se ve nesta imaxe, vemos como a mestra realmente describe moitos dos saberes cos que debe contar para levar a cabo a súa clase dun xeito correcto. Penso que moitas veces a sociedade infravalora a figura do profesor sen darse conta do traballo que está a realizar en realidade e da súa responsabilidade.