Profesora multitarefa

Que curiosa imaxe me atopei pola rede! Nela vese a unha profesora, que a través da súa mirada e o conxunto de explicacións que se expoñen, reflicte bastante ben a situación na que se atopa o profesorado na actualidade.

Vemos que está despeinada, xa que apenas descansou para poder correxir os deberes dos cativos ou que, se quere empregar material nas aulas debe pagalo co seu diñeiro.

Profesores estresados, con moitas tarefas que realizar e con apenas tempo libre para atender a súa vida persoal. Se isto é así preguntome: como van a disfrutar realizando a labor para a que se prepararon? unha profesión coa que posiblemente soñaban dende nenos e que agora, quizais vaian querendo un pouco menos cada día.

Moitos dan o máximo de si mesmos porque queren ofrecerlle o mellor ós seus alumnos e sen embargo pouco reciben a cambio. De feito, como vimos ó analizar a LOMCE, aumentarase o número de alumnos por aula, máis traslados de profesores interinos, menor salario, esixencia de idiomas, etc... e a que nos vai a levar isto? Sen dúbida a que ninguén se queira dedicar á docencia e os que xa sexan profesores estarán totalmente desmotivados.

É tan difícil facer as cousas ben?