Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

A identidade do profesorado

Adxunto o seguinte arquivo, elaborado en base ó I Congreso Internacional "Nuevas Tendencias en la Formación Permanente del Profesorado", xa que considero que vos é de interese á hora de afondar no que supón a construción da identidade docente nos tempos de cambios sucesivos que estamos a vivir na nosa sociedade da información e da comunicación. Denise Vaillant, o autor, preséntanos tamén outros termos como, a satisfacción docente ou a vocación docente, elementos tan controvertidos na nosa sociedade actual, e dos que estamos acostumados a escoitar en discusións que apelan ó profesorado.