Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

A identidade do profesorado

Subo o seguinte documento en PDF de Antonio Bolívar, no que se trata pormenorizadamente o tema da formación inicial do profesorado e a identidade docente, en concreto do profesorado de Educación Secundaria. Coido que é do voso interese, xa que expón varias problemáticas actuais sobre a formación inicial deste profesorado en particular, o que vimos tratando en varias sesións de clase da materia de "Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado" como a paradoxa anteposta de cara ós docentes.