Carla Rodiño Otero

Soy una persona activa, trabajadora y responsable. Me gusta mucho el contacto con los niños así como todo lo relativo a su proceso de enseñanza aprendizaje, de hecho considero que mi vocación es la de ser docente.

Tipos de interaccións entre o profesorado

Na anterior entrada de blog e no anterior arquivo subido no que reflexionei sobre como deben actuar os asesores e as asesoras á súa chegada a un centro para desenvolver a súa labor, mencionei esa necesidade de colaboración e de respecto entre os profesionais do centro, onde non se pode tratar de impoñer ningún cambio nin medida por parte do asesor/a, se non que se debe buscar sempre o traballo baixo un clima de colaboración.

Ao traballar ese aspecto de clima colaborativo, xurdiume unha cuestión sobre os diferentes tipos de interaccións que se poden dar entre os profesores e profesoras dun centro educativo, propiciando ou non ese traballo colaborativo do que estamos a falar continuamente nas nosas sesións de aula coa profesora Lourdes Montero. 

Polo tanto en este arquivo fago unha reflexión sobre como poden ser as interaccións que se poden producir entre os profesores e profesoras dun centro educativo.