Falta de motivación entre o alumnado

Bos días compañeir@s comparto con vos este arquivo xa que me parece un aspecto moi interesante para nós como formadores. Dende o meu punto de vista, a falta de motivación entre o alumnado é unha realidade por iso dende a nosa profesión, debemos traballar ante este feito e atopar novas metodoloxías e instrumentos que nos permitan mellorar esta realidade. Penso que se os alumnos se atoparan motivados os resultados acadados en educación serían moi diferentes, xa que actualmente, vemos que as aulas estas repletas de persoas que viven a súa realidade educativa coma un mero trámite, algo pasaxeiro... polo que non chegan a implicarse como deberían nesta área.  Que opinión tendes acerca desta problemática?