Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

A docencia, unha experiencia compartida

Subo este arquivo xa que considero que é de interese para todos aqueles que desexedes afondar no tema da etapa da indución, ese eslavón perdido entre a formación inicial e a formación permanente dos mestres, que segundo o meu punto de vista supón un período moi beneficioso e proveitoso para calquera mestre, contribuíndo tanto ó desenvolvemento profesional como ó desenvolvemento persoal dos mestres noveles. Tamén se expón o que ven sendo a figura do mentor, e as actividades que se soen levar a cabo neste sentido. Sen dúbida un artigo moi interesante.