Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

Aprender a ser mestra: perplexidades e paradoxas

Subo o seguinte documento en PDF sobre o capítulo VI do libro "Profesorado, cultura e postmodernidade" (1996) do autor Andy Hargreaves. É un documento realmente interesante no que desenvolve polo miúdo o tema da intensificación docente, un tema moi de actualidade na nosa realidade.