La resilencia

La resilencia
Por coral lopez lozano

Consultando a presente publicación dixital Enfoques Educativos, reparei nun artigo que me pareceu moi interesante. Neste senso estou a falar do artigo de Josefa María Aldana Mena, a cal resume as ideas principais que recolle o presente concepto relacionandoas coa tarefa docente. 

Atendendo a isto, podemos dicir que a resilencia é "a capacidade do ser humano para facer fornte ás adversidades da vida, superalas, así como, ser transformado positivamente por elas" (Aldana, 2011).

Asemade, incide en que empregar e potenciar a resilencia na escola, tanto por parte dos docentes como por parte dos alumnos é clave para "formar persoas libres e responsables" (Aldana, 2011). Ademais no presente artigo, recolle unha serie de ideas que son claves para formar a alumnos con esta caraterística, así como aos docentes. Por outro lado tamén determina cales son as habilidades que se deben potenciar para acadala.

Creo que ese documento é interesante par aborda un tema no cal non afondamos na clase, é por iso que subo o presente documento o cal pertence ao número 73 do 1/01/2001 da revista dixital Enfoques educativos, nesta recóllese entre as páxinas 4-16 o artigo que aborda este eido.