Mª Dolores Alfonso Espiño

Son unha persoa paciente, positiva, traballadora, amiga dos meus amigos e reflexiva ( ás veces demasiado, e eso tampouco soe ser bo)

La orientación psicopedagógica y la escuela. Una perspectiva histórica

Este documento de Migel A. Cerezo Manrique, publicado na Revista electrónica interuniversitaria de formación del profesorado, no ano 1997, fálanos da evolución histórica do orientador nos centros escolares. Dende inicios do século XX a atención ás aptitudes e actitudes profesionais dos alumnos e ó mesmo tempo o tratamento dos alumnos denominados "anormais" foi sufrindo lixeiros cambios, dende o seu tratamento por parte de institucións externas á escola, ata o intento de observación e rexistro por parte do docente de todos e cada un dos seus alumnos. Deste modo, tal e como comenta o artigo, nos anos 30 comézase a ver a necesidade de crear un orientador nos centros para atender estas casuísticas, debido en gran parte pola falta de experiencia e formación dos docentes e polo gran traballo que esixían as demandas feitas pola administración neste terreo.

Deste modo resúmo o contido de este artigo, que nos mostra ademáis outra serie de aspectos interesantes para os profesionais da educación, pero no relativo a esta materia, considero que esta perspectiva histórica da necesidade de instaurar orientadores ou psicólogos nos centros tamén nos da a visión de como entra o asesor nos centros escolares, xa que unha vez introducida a figura do departamento de orientación nun centro para atender a aspectos de iniciación profesional dos alumnos se lle van engadindo outra serie de funcións entre as cales está a de asesorar curricularmente ós mestres do centro.