O asesor, como axente de cambio e mellora debe contribuír a evitar nos centros educativos ese "pensamento errado" que sobre a innovación manteñen aínda algúns docentes coma o da imaxe.
Innovar curricularmente nas aulas vai máis aló de "facer máis do mesmo", pero empregando outros soportes. Entre as funcións curriculares do asesor ó respecto, rescatei algunhas citadas por Nieto e Portela (1992) que, coido, sería necesario emprender conxuntamente cos docentes, para evitar situacións como a reflexada:
Parece que a innovación curricular é unha sinatura aínda pendente en moitos centros educativos, onde o asesor deberá guiar e artellar a complexa tarefa de "redefinir significados", ata acadar un consenso, prescriptivo e atitudinal, entorno ao qué, cómo e porqué da innovación, para evitar así que esta palabra se converta noutro deses "imáns semánticos", ocos de significado na praxe, e por tanto de realidade.
A este respecto ,cabería preguntarse si ¿sería posible innovar de xeito eficaz e colaborativo nos centros educativos, sen chegar a modificar a súa estrutura e principios , é dicir, o seu entramado curricular?.
¿Qué opinades sobre isto?.
Un saúdo.