Os docentes nos contextos pluriculturais

O presente arquivo é un documento titulado, Análisis de las necesidades de la formación docente para contextos pluriculturales, de María del Mar Bernabé Villodre. Neste documento a autora incide na gran diversidade cultural presente na sociedade española, e a importancia de que ante esta diversidade, os axentes implicados no proceso educativo teñan unha formación rica en destrezas que faciliten a inclusión dos alumnos doutras culturas na aula.

Tendo en conta isto, destaca que a educación inclusiva só ten lugar se o docente promove aprendizaxes actitudinais, abertos ao cambio e que impliques a todos os axentes que forman parte do proceso de ensino e aprendizaxe. A autora, asemade, incide na importancia de que os modelos formativos dos docentes, presenten tres rasgos fundamentais que facilitaran a competencia intercultural: desenvolvemento da autoconciencia, desenvolvemento dos coñecementos e desenvolvemento de destrezas.

A partir desta pequena introdución a autora incide en distintos apartados da importancia dunha formación inicial nas universidades así como nos centros superiores de educación que de resposta á problemática presente na sociedade actual. Así mesmo, incide no papel importante das familias, incidindo na relevancia que ten implicalas no proceso formativo do alumno. Neste punto fai referencia a medidas formativas que se poidan levar a cabo dende os centros educativos. Por último reflexiona acerca da figura do mediador intercultural, para resolver os conflitos que poidan xurdir nas aulas.

Todos estes aspectos son tratados de maneira máis ampla no artigo, de aí a relevancia do mesmo, xa que aínda que non foi un aspecto tratado na aula, a realidade social española, incide na importancia de ter en conta este aspecto.

Espero que vos sirva de axuda.