O mestre a día de hoxe

Temos traballado e comentado en moitas clases a situación do profesorado a día de hoxe. 

Considero que este documento resume e é de gran interés para todos nós despois do dado nas clases desta asignatura. Creo que o ser profesor hoxe en día conleva numerosas tarefas e entre elas, é a máis importante e imprescindible é a de formar a persoas.

É unha das profesións máis importantes, por non decir a máis importante; é a base de todas as demais debido a que forma a todas esas persoas que nun futuro desenvolverán un traballo. 

Temos que crer nesta profesión e darlle a importancia que ela conleva para así poder realizala da mellor maneira posible e lograr o seu mellor fin: formar a persoas e aprenderlle ademáis dos contidos, valores e actitudes que lle sirvan nun futuro. 

Creo que debemos poñer todos da nosa man para que a profesión de mestre sea recoñecida e aportarlle a sua importancia e que a súa finalidade leve a unha gratificación persoal e a que o resto de persoas se ganen a súa vida gracias a o seu camiño de aprendizaxe que tivo con MESTRE.