Imaxe para a esperanza.

Comparto esta imaxe porque para min mostra un acto esperanzador dentro da dureza do mundo no que vivimos. Ver como un neno desnutrido se interesa polo que lle esta a ensinar o seu mestre cos poucos recursos dos que dispón, faime ter a esperanza de que a pesar de que se nos presenten dificultades, se poñemos da nosa man, a través da educación, seremos capaces de todo.