Dani Fernández Blanco

Estudiante de 5º de Psicopedagoxía y Maestro de Educación Infantil

O impacto social das TIC´s e o problema da "alfabetización dixital".

Despois de ter observado a entrada no blog de Damián Varela, co seu artigo titulado “Comentarios sobre o Proxecto Abalar” e os comentarios que dúas compañeiras reflectiron en relación a este, vexo que a implementación das TIC´s (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) nos centros educativos segue traendo consigo certos problemas.

Onte falouse na clase sobre as TIC´s e a súa integración nos centros educativos, concretamente na nosa Comunidade Autónoma a través do Proxecto Avalar, e tamén de outras propostas tales como as de “Escuela 2.0”.

Un dos comentarios más habituais nas intervencións dos compañeiros fai referencia á escasa dotación de medios nas zonas desfavorecidas, en maior medida, as rurais, así como a escasa formación do profesorado con respecto ó tema das Novas Tecnoloxías (NN.TT.).

Por este motivo creo conveniente a lectura do artigo de: Area, M. (2002): ¿Una escuela del siglo XIX en el siglo XXI? Redefiniendo las metas, formas y políticas de la educación en la era digital, en Pernas, E. e Doval, M. (Eds): Novas Tecnoloxías e innovación educativa en Galicia. Átomos e bits na mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe, Santiago de Compostela, ICE-USC, pp. 29-39.

Como xa citou a profesora na clase de onte, tomarei como referencia este texto de Area Moreira (2002) para dous aspectos. Primeiro para responder ós comentarios dos compañeiros, e segundo, para analizar a situación actual das TIC no mundo educativo, en particular, e na sociedade, en xeral. 

En conclusión, creo que o maior problema co que se atopan os centros educativos non é tanto a falta de medios e recursos materiais, senón a falta de formación pedagóxica... é dicir, creo que o problema reside na falta de "alfabetización dixital" dos profesores, xa que en definitiva... ¿de qué vale destinar millóns de euros en PC´s se ó fin e ó cabo os métodos de ensinanza que se empregan seguen sendo os tradicionais? Penso que o máis útil sería formar ós axentes educativos adecuadamente, para que a inversión en tecnoloxía fose produtiva, e non só usada como ferramenta política. 

Daniel Fernández Blanco

11-04-12

Comentarios

  • Lourdes Montero

    O profesor Manuel Area é un bo referente neste ámbito de inegración das TIC nos centros educativos. Podes entrar no seu blog e na páxina de RUTE. Non debmos esquecer que son ferramentas ineludibles para o asesoramento.

    Saúdos

    Lourdes