martín outeiriño santos

un mozo algo despistado e con poucas habilidades para as novas tecnoloxías... e para as vellas tamén...

Malestar/benestar docente en profesores de ensino medio de Santiago de Chile

Este estudo amosa que oaproximadamente o 75% do/as profesore/as presentan niveis medios ou altos de esgotamento emocional, o 80 % de distanciamento emcional e tamén o 75% experimentan a sensación de falta de logro.

Comentarios

  • Lourdes Montero

    Un estudo moi interesante no contexto chileno (os problemas parecen comúns...). Que aportacións significó o seu análise para a túa comprensión do problema do malestar docente? Que aportacións para o proceso de aprendizaxe?

    Saúdos

    Lourdes

  • martín outeiriño santos

    Achegas que me propiciou a análise deste estudo para a miña comprensión do malestar docente:

    • Non sabía que o benestar/malestar docente se puidese analizar por medio de tantas variables: esgotamento emocional, distancia emocional, sensación de logro, ansiedade, ánimo, satisfacción laboral... Ata que analicei este documento pensaba nun único índice xeral ou global de máis ou menos benestar ou malestar docente.
    • Tampouco reparara nunca na cantidade de variables non psicolóxicas que poden influír e, de feito, inflúen á hora de que un docente se atope máis ou menos a gusto desempregando o seu traballo. Estas variables poden ser materiais: remuneración económica, número de horas traballadas, volume de ruído soportado, calidade das infraestructuras... ou sociais: autoridade para decidir, apoio da dirección e dos colegas, nivel de violencia na escola e no entorno...

    Achegas ó meu proceso de aprendizaxe:

    • En primeiro lugar quero decir que nunca me ocorrera ter que desbotar e cambiar algún material atopado na rede por estar este xa "pillado" e subido por algún/algunha compañeiro/a. Isto axudoume a aprender a afondar máis na procura de documentos na internet. Xa que o que parecía moi sinxelo resultou non selo tanto...
    • Tamén é a primeira vez que traballo cun estudo tan complexo. Sen dúbida, isto servirame de ensaio para o día de mañá ter que analizar ou mesmo realizar algún semellante no futuro.