Artigo de Bisquerra, A(2005): "La educación emocional en la formación del profesorado".

Ola a todos/as. Na sesión do 24/04/2012, incidiuse sobre a importancia da educación emocional como  un recurso e ferramenta  que os docentes deben aprender a manexar no exercicio da súa profesión para mellorar  o seu autocontrol así como as relacións entre os membros da comunidade educativa na que traballa.

A este respecto, quixera compartir con vos un  un interesante artigo de Bisquerra (2005) titulado:" La educación emocional en la formación del profesorado", o cal me serviu para afondar un pouco máis sobre a temática das emocións, apelando o autor á necesidade de  traballar este aspecto tanto  na formación inicial como na permanente do profesorado,  e considerando que estas deben converterse nunha forma de prevención primaria que lles  permita   a adquisición de competencias para desenvolverse con eficacia  en múltiple contextos,  e co fin último de  minimizar a súa vulnerabilidade a determinadas disfuncións (estres, impulsividade, depresión), así como previr a súa ocorrencia.

Así mesmo, Bisquerra propón unha serie de obxectivos que considera prioritario acadar  para mellorar a competencia emocional, rematando o seu traballo coa exposición dunha  interesante experiencia  realizada  desde o GROP (Grupo de Recerca en Orientación Psicopedagógica) da Universidad de Barcelona, con obxecto de ofrecer programas de formación de formadores en educación emocional, dirixidos ao profesorado de todos los niveis educativos (infantil, primaria, secundaria, formación profesional, adultos) explicando os obxectivos que se pretenden acadar  nela así como os materiais e metodoloxía empregadas.

 Agardo que sexa do voso interese.

Un saudo.

 

Referencia:

-Bisquerra, R. (2005). La educación emocional en la formación del profesorado. Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 19 (3), 95-114. Dispoñible en http://redalyc.uaemex.mx/pdf/274/27411927006.pdf( consultada o 29/04/2012).