5. PISTA 3: PRECAUCIÓNS PARA NON FRACASAR NA BUSCA DO TESOURO: Revisión

Pensando nas limitacións que presentan as novas tecnoloxías veume a memoria a discusión que tivemos no stellae no grupo de clase con respecto o coñecemento aberto ou pechado. Gustaríame deixas aquí plasmada a miña opinión xa que considero este un concepto a destacar a estas alturas da aventura.

Dende o meu punto de vista, como xa declarei nunha entrada do meu blog, penso que en certa medida esta ben que se protexan os dereitos do autor sobre unha obra, pero non de maneira excesiva (por exemplo acepto ter que pagar por un programa de ordenador, pero non que sexa ilegal empregalo para varios pc).

Desde unha perspectiva idílica sería perfecto que o coñecemento fose libre e todos puderamos consultar calquera obra en caquera momento, pero isto fundirá moitas industrias que non están dispostas a desaparecer.

Pensandoo dende a sociedade na que vivimos creo que cada vez (aínda que non sexa de forma lícita) o coñecemento está máis ó alcance das nosas mans.

Recordando as miñas palabras, venme a mente unha entrada que fixen sobre a piratería. Nela intento plasmar a miña opinión sobre este fenómeno e clarexar algúns conceptos que permitan comprendelo mellor.

Falando dos perigos que entrañas as TIC faise indispensable facer referencia a identidade dixital (doble vida en facebook), xa que a nosa maneira de xestionala pode ou ben prexudicarnos ou sernos de axuda ó longo da nosa vida. É importante que a educación promova nos usuarios unha actitude de responsabilidad con respecto á imaxe deles que reflexan na rede.

Todo cambio na sociedade implica cousas positivas, pero tamén elementos negativos. Na antigüidade, coa invención do coche, apareceu unha desigualdade entre as persoas que podían acceder a ese ben e as que non. Actualmente, isto vese reflexado nas diferentes modalidades de brecha dixital. Isto supón que a educación ten a responsabilidade de minimizar os efectos de esta desigualdade.

Para rematar, gustaríame facer referencia á dificultade que para min é máis grave con respecto á maneira que temos de empregar as novas tecnoloxías. Estamos mudando a nosa forma de actuar e de comunicarnos, de ver e coñecer o mundo. En certa maneira estamos primando o mundo virtual sobre o analóxico perdendo moitas posibilidades que este nos ofrecía. A nosa sociedade caracterízase por un uso abusivo das TIC (un alonxamento na cercania bla bal bla).

Xorde a necesidade de buscar un equilibrio, que as tecnoloxías sexan empregadas como ferramentas útiles, non como modos de vida; ser educados para ter competencias nos dous ámbitos.