Portafolios:Evolución educativa: Revisión

Portafolios:Evolución educativa

Última actualización de en Ivan Calviño Gomez

Agora que xa rematamos as clases, e co temario aínda fresco nas nosas mentes, toca dar un vistazo atrás.

Durante o transcurso da materia os temas impartidos, sempre coa tecnoloxía no centro, foron moi variados e interesantes. Agora, como último traballo da materia, deberemos de realizar un portafolios no cal recollamos as nosas reflexións sobre o que sacamos en claro da materia.

Dito portafolios deberá de ter un fío condutor, o cal enlace con todo o traballo que nos mesmos fomos realizando ao longo da materia na rede social Stellae.

A escolla dun fío condutor pode resultar moi complicada, é difícil lograr atopar un tema común que enlace todos os temas impartidos en clase e todos os temas tratados na rede, xa non digamos que, ao mesmo tempo, busquemos unha certa orixinalidade no mesmo.

No meu caso decidín que o meu fío condutor neste portafolios sexa a evolución. Solo que en lugar de aplicala aos seres humanos intentarei aplicala á educación e a súa relación coa sociedade. Escollo este fío porque, durante o transcurso da materia, nas miñas entradas sempre facía referencia ao avance da tecnoloxía no sector educativo, e como este avance debía de acompañar sempre aos avances da sociedade. Por todo isto creo que, inconscientemente, xa realizaba as miñas aportacións á rede con ese concepto en mente.

Deste modo vou intentar facer unha recomposición de todo o asimilado, intentando pasar polas distintas etapas que tivo a educación en relación á tecnoloxía, e intentando que sexa o máis ameno e consistente posible.