Xeila

"Las cosas importantes de la vida no pueden verse ni tocarse, deben sentirse con el corazón"

Historial

3. O APARECER DO SOL: Revisión

4. O APARECER DO SOL

Durante a traxectoria desta materia, a miña mente foise abrindo cada vez máis e máis cara novas ideas, novas perspectivas de cara á tecnoloxía educativa.

Así por exemplo, decateime do errada que estaba co meu “coñecemento cerrado”. Isto é, dende hai anos estase a implantar nos centros educativos o emprego das novas tecnoloxías como ferramentas de pescuda de información ou de elaboración de traballos. Porén, a miña afinidade coas mesmas nunca foi máis alá do explicado nas diferentes materias tratadas ata agora. Explico isto posto que autonomamente nunca tomara a iniciativa de pescudar máis variedade de páxinas nas que procurar información, nin tampouco me decatara grande oferta que se nos da na rede.

Así pois foi nesta materia na que comecei a ver que a aprendizaxe a través das tecnoloxías educativas pode ser moi produtiva e significativa.

Deste xeito, entendín que o meu coñecemento ata o de agora estaba a ser cerrado, e non estaba a aproveitar as múltiples opcións que tiña ao meu alcance.

Por outra banda é preciso que de conta de que é posible de que eu non valorase o suficiente as tecnoloxías educativas porque sempre as tiven ao meu alcance e na nosa sociedade están inmersas coma un elemento máis de vida.

Porén aquí ten cabida nomear a clase na que unha moza procedente de Siria tivo a amabilidade de contarnos o moito que están a axudar as tecnoloxías alí, país en guerra.

Mostrou imaxes de escolas antes e despois de que comezara a guerra. Deixounos ver os grandes avances feitos en materia tecnolóxica naquel territorio e ao mesmo tempo a que quedou reducido ao comezo da guerra.

Asemade, o feito de contar algunha historia persoal nas que a tecnoloxía supuxo un grande apoio e un medio de saír adiante foi o derradeiro elemento que fixo clic na miña mente.

Ese feito fixo que o sol saíse por completo na miña cabeza e que as ideas que tiña nun principio desaparecesen por fin. Así, puiden decatarme que o día de mañá, cun bo coñecemento das tecnoloxías educativas, e empregando a diversidade de elementos traballos nesta materia, xunto co resto de formación recibida, terei a oportunidade de axudar a moitas persoas e en diversas situacións empregando a variedade de ferramentas ofertadas polas tecnoloxías.