1. Primeiras impresións: Revisión

1. Primeiras impresións

Última actualización de en Noelia Fernandez Alvarez

E a aquelas alturas, cando comezabamos a nosa andaina coa materia, coñeciamos a Tecnoloxía Educativa? A grandes rasgos poida que si... Antes de tomar un primeiro contacto fomos consolidando no encerado o que coñecíamos dela. Sorprendentemente, xurdiron variedade de adxectivos á súa persoa que nos indicaban as súas VIRTUDESferramentas, aplicacións, instrumentos, e-learning, libros virtuais, formación, fonte de información, apoio ao aprendizaxe... E só virtudes? Dende logo que non, polo que tamén se fixo referencia nalgún momento a posibles DEFECTOS: incertidume, despersonalización, modificación das realidades, incomunicación, aislamento, dependencia, distorsión...  Pero menos mal que non nos tivemos que adentrar moito nas súas pecualiaridades tendo en conta que só coñeciamos superficialidade, polo menos eu.

En realidade, a aquelas alturas todos tiñamos escoitado falar da Tecnoloxía, pero... como vos dixen na introdución, probablemente as apariencias e o que escoitabamos da mesma, fixesen que tivésemos unha imaxe errónea da súa persoa ou cando menos, un coñecemento influenciado da mesma.

En definitiva, había todo tipo de pensamentos acerca da Tecnoloxía! Isto aínda sen manter contacto coa mesma, foi así cando chegaron as clases interactivas e o famoso Stellae. Agora sí, temos que estar dispostos a traballar coa Tecnoloxía! E o primeiro que fixemos foi declararnos mediante unha Carta, pobre dela... pola miña parte recibiu críticas e pouco máis.

Foi aquí cando xurdiron as primeiras impresións: debemos traballar, cooperar, colaborar e esforzarnos de cara a traballar para a Tecnoloxía Educativa. Isto todo mediante o Stellae, unha rede social na cal interactuaremos coa Tecnoloxía e con outras persoas. Nun primeiro momento eu estaba sorprendida, como me ía acostumar a traballar e aprender os contidos dunha materia mantendo relacións de amizade cunha persoa que non coñezo realmente? Como se verá neste e-portafolios, a amizade cada vez foise concluíndo máis, existindo fases de conflitos, estancamento, dúbidas, usos erróneos... Ata chegar ao punto de tomar conciencia da importancia das relacións amistosas desta persoa así como todo o que a mesma me podería ensinar e eu apreder dela.