Brétema Parras Vázquez

"Vive como si fueras a morir mañana, aprende como si fueras a vivir siempre"- Mahatma Gandhi

Historial

4.1. Políticas Educativas e as TIC: Revisión

As Políticas Educativas e as TIC

As Políticas Educativas de integración de tecnoloxías en Institucións educativas son, en xeral, Políticas distributivas sen intención de transformación real, se non que buscan atopar a satisfación a curto prazo mantendo o status quo. Dedido a isto non existe unha intención política real que lle de importancia aos procesos xa que os políticos non dispoñen dese tempo para obter resultados tanxibles na súa lexislatura e, deste xeito, que se lles outorgue o mérito a eles. Non buscan cambios profundos se non quedar ben mentres teñen o mandato porque acadar beneficios para a sociedade a longo prazo xogaríalles en contra e o seguinte Goberno se beneficiaría desas melloras. Por iso, entre outras, o benestar, avance e melloras do seu pobo parece quedar relegado a outro tipo de intereses máis superfluos. Para máis INRI non teñen en conta as avaliacións previas e se cinguen a repetir o mesmo que se fixo ate o momento sen cambios significativos.

A LOMCE e as TIC

Entre os diferentes principios fundamentais da LOMCE atopámonos co seguinte: "Incorporar e potenciar as Tecnoloxías da Información e da Comunicación".

No seu artigo 18 queda establecido que se traballarán de xeito transversal en todas as áreas de Primaria as Tecnoloxías da Información e da Comunicación. Ao igual que a LOE, esta mantén un dos obxectivos da Educación Primaria como é o de "iniciarse no emprego para a aprendizaxe das tecnoloxías da información e da comunicación desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran". Queda reflectida aquí a relevancia das TIC nesta etapa educativa, xa que unha das competencias básicas que debe adquirir o alumno ou alumna é a competencia dixital. Por elo as TIC serán unha ferramenta clave para a formación do profesorado ao longo da vida e para xestionar o proceso de ensinanza-aprendizaxe na aula. Esta idea é moi interesante dende o enfoque da asignatura porque pretende cumplir en certa medida coa alfabetización dixital, atendendo á competencia dixital, a formación permanente e á importancia de manter un espírito crítico á hora de que os rapaces e rapazas se enfronten á información que reciben.

Fala tamén de intensificar o emprego das TIC na aula como extensión do propio concepto tanto no tempo como no espazo, concepción da que tamén falamos nas clases de Tecnoloxía Educativa: Fala de entornos virtuais de aprendizaxe, o emprego compartido das plataformas virtuais e tecnolóxicas do Ministerio polas Administracións Educativas, centros docentes, profesores e alumnos. Fala da importancia da selección de recursos dixitais de calidade e do recoñecemento das aportacións da comunidade educativa que cumplan cos requisitos de calidade establecidos.

En xeral as ideas xerais corréspondense con moitas das que falamos ao longo desta materia pero debería profundizar máis en como facelo, cales son os impedimentos, cal é o papel que xogan todos os axentes, os centros, a comunidade, etc.

 

Se o Goberno realmente velase polo benestar da súa xente tomaríanse medidas fronte a falla de cultura dixital existente en moitos lugares do territorio español, entre outras a educación nas e para as TIC, especialmetne existindo tanta desigualdade xeracional fronte a competencia dixital. No caso do filme os personaxes que terían menos posibilidades de acceder a este tipo de Educación fóra da escola serían os maiores, problema ao que deberíaselle por solución a través de cursos gratuítos dos Concellos por exemplo.