1.2 Riscos de internet na adolescencia: Revisión

 Segundo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD) no seguinte enlace ( http://recursostic.educacion.es/observatorio/web/eu/software/software-general/909-monografico-control-parental?start=1) expoñen como riscos da rede os seguintes:

  • Relativos ao tipo e acceso de información

O menor ten dispoñible grandes volumes de información de todo tipo, sen ningún tipo de clasificación nin control de acceso a maior parte das veces. Isto favorece o seu acceso a información escrita, visual ou auditiva non acorde á súa idade. Tal é o caso de contidos violentos, xenófobos, seitas de todo tipo, contidos pornográficos, ou relacionados co ciberbullying, etcétera.

  • Relativos a relacións persoais


Podemos dicir que Internet favorece as relacións interpersoais xa que achega ás persoas, aínda que de forma telemática. Pero isto en si mesmo entraña un risco xa que o usuario pode falsear a realidade e mostrarse aos demais dunha forma diferente a como é en realidade, e mesmo falsear a súa identidade.

Por outra parte Internet tamén pode favorecer o illamento. O menor con problemas de socialización pode encerrarse mais en si mesmo, xa que ao dispoñer dunha ferramenta que lle abre as portas ao mundo non necesita a comunicación directa cos demais.

Por último, Internet tamén pode producir perigosas adiccións, como son os xogos de rede, as redes sociais, os chats, participación en poxas, xogos de azar, etcétera.

  • Relativos ao propio funcionamento de Internet


Existen tamén riscos derivados da propia rede. En Internet continuamente prodúcense situacións de risco derivadas da tecnoloxía utilizada. Os temibles virus, vermes, portas traseiras, que poden producir grandes danos aos nosos ordenadores domésticos.

  • Relativos a temas económicos


Moitos mozos non son conscientes que a conexión a determinadas páxinas web requiren facilitar datos que poden constituír un gasto importante. Ademais están as compras de natureza escura, enganos, negocios ilegais e un longo etcétera. Existe un abano moi amplo de opcións na rede que poden supoñer un engano e este aféctenos economicamente.

Por outra parte, moitos mozos tampouco son conscientes do tema das descargas ilegais sen decatarse de que están a xerar un prexuízo importante para os propietarios.

A continuación adxunto un vídeo con algúns dos riscos de Internet e como actuar neses  casos:

 

Dende o meu punto de vista a falta de información é un condicionante para que un mal uso da rede traiga consigo fenómenos como é o do caso do ciberbullying ao cal dediquei unha entrada á que se pode acceder a continuación:

O caso do ciberbullying igual que outros fenómenos como é o grooming ou sextorsión son fenómenos moi actuais aos que é moi difícil enfrontarse. A falta de investigación e un maior número de casos cada día fan que se extendan. 

Dende a educación pódense tratar cunha formación dos docentes ou charlas, conferencias ou cursos para formar a toda a comuniade educativa a detectar estas prácticas ou a axudar ás víctimas delas.

Tamén hai unha gran controversia, dende o meu punto de vista, xa que os acosadores son adolescentes que en moitos casos practican o ciberbullying como algo para entretemento burlándose doutra persoa e non son capaces de empatizar nin de saber cales poden ser as consecuencias dos seus actos tanto para eles como para as víctimas do seu comportamento.