Historial

O baúl dos recordos: Revisión

O baúl dos recordos

Última actualización de en Irene Agrelo Janza

Resúltame moi complexo abordar este punto do meu traballo nesta asignatura. Falando con e vendo o traballo de compañeiros deste e doutros anos observo que hai interpretacións moi diversas do que temos que facer. Ao meu parecer, o que teríamos que facer neste lugar é unha reflexión, un índice do noso traballo do sentido que ten para nos e o sentido que queremos que teña para os demais. Non se me ocorre mellor xeito de facelo que é a través da miña metáfora do baúl dos recordos.

Cando comecei esta asignatura, tiña esa idea moi clara: estaba abrindo un baúl, un cofre no que atoparía cousas, coñecidas algunhas, descoñecidas outras, pero todas enlazadas, dispostas de tal xeito que conforman toda unha rede de coñecemento.

A primeira impresión desta idea veu da man do primeiro bloque temático: Coñecer e entender o asesoramento. Na primeira tarefa a profesora propoñianos que excarvasemos na nosa memoria para atopar referencias sobre o asesoramento noutras asignaturas da carreira. Fíxeno, non sen dificultade, e o resultado é O Baúl dos recordos.http://stellae.usc.es/red/file/view/1004/o-bal-dos-recordos  Enlazado con este coñecemento había outro: a rede social, o xeito de traballo que levamos a cabo na clase, abordeino nunha entrada do blog e cun documento que narraba o valor do uso das redes sociais nas aulas.

No mesmo bloque atopei  dentro do meu baúl outro coñecemento que xa posuía pero que se atopaba desvencellado, e que quedou en acomodo dentro da idea do que é o asesoramento o noso estilo de aprendizaxe. Refírome, por suposto, ao "Learningh by doing", o aprender dos erros, o cal explorei mediante o traballo en equipo nun documento de investigación sobre o asesoramento http://stellae.usc.es/red/file/view/5274/actividade-con-maradoc e cun documento moi interesante dun catedrático de Barcelona que traballa en base a esa idea, á necesidade de aprender dos erros para educar para a vida. 

Redescubrín no meu baúl dos recordos, dentro do mesmo bloque temático, a miña ferramenta de traballo favorita: o debate, houbo debates de moitos tipos, pero o que lembro con mellor sabor de boca é o de se para ser asesor é preciso ter coñecemento experto, pertencente ao mesmo bloque de Coñecer o asesoramento.

O seguinte paso obvio, unha vez analizamos o asesoramento, é decatarnos da súa complexidade, comprender que o asesoramento é unha tarefa ardua, e reflexionar sobre por qué é asi. O mellor xeito de exemplificar esta idea é relacionar o asesoramento con algo completamente coñecido: os modelos de orientación. Niso consiste a seguinte tarefa que atopo no meu baúl dos recordos, e que sirve de ponte, de nexo de unión entre este e o seguinte bloque temático. http://stellae.usc.es/red/file/view/14216/modelos-de-orientacion-vs-modelos-de-asesoramentodoc

O seguinte bloque temático, que gosto de chamar "O benestar e o malestar docente" xorde de xeito natural da complexidade da nosa labor. Neste sentido, atopo no meu baúl, a revisión dos temas que apareceron no debate plantexado pola profesora e que levei a cabo para o blog do grupo de traballo da asignatura. http://stellae.usc.es/red/blog/view/6182/anlise-das-clases-do-10-e-11-de-abril

De xeito natural, e como resposta ao malestar, o ser humano busca apoios. Do mesmo xeito, aparece no meu Baúl o seguinte bloque temático "A colaboración" Desta colaboración pódese dicir que hai opinións moi enfrentadas, dende quen acusa ás novas leis educativas en querer convertirnos en empresas ata quen considera que a colaboración é a solución a todos os nosos problemas. Para situarnos neste punto, a profesora fainos ver cal é a nosa perspectiva sobre os profesores e a posibilidade de colaboración que teremos que afrontar no futuro. Así aparece o meu Microrelato no Baúl dos recordos, vencellado a unha colaboración que de algún xeito aínda se me antoxa utópica. http://stellae.usc.es/red/file/view/15271/microrelatodoc

Podo rematar este pequeno guión do que saiu do meu Baúl dos Recordos, coa intervención que lle deu una "raison d'etre" a toda a asignatura: a visita de Chefa, e a súa fantástica visión sobre a colaboración, o traballo por proxectos e a nos inclusión no mundo da Orientación.

Con isto remato a miña aventura de hilvanar coñecementos, unha mezcolanza de cousas cheas de polvo que descansaban no fondo da miña memoria, e que sairon á luz para mezclarse con novos datos coa axuda de esta asignatura. Espero estar en capacidade de colocalo todo de xeito correcto de novo no meu Baúl, para poder recurrir a este coñecemento cando me sexa preciso.