Alba Senande Fernández

Son unha persoa con moitas virtudes (alegre, traballadora,...) pero tamén con moitos defectos (cabezota, perfeccionista,...) que me fan ser o que son

Historial

Peza 3. Culturas profesionais nos centros educativos: Revisión

CULTURAS PROFESIONAIS NOS CENTROS EDUCATIVOS


Esta peza comeza con dúas preguntas realizadas pola mestra e que se mostran na seguinte entrada do blog:

Diario de clase

A sesión desta semana consistiu na técnica dos dous tempos, a cal se refire a dar resposta ás seguintes preguntas: ¿que entendemos por colaboración?, ¿que culturas de colaboración hai? e ¿como podemos cambialas? A partir da súa explicación, levouse a cabo un pequeno debate onde as ideas claves resultantes, dende o meu punto de vista, foron:

1. O obxectivo común de todos os axentes do sistema educativo debe ser a atención ao alumnado, polo que a colaboración non só se debe realizar con persoas coas que se ten feeling, senón que con todas as necesarias superando a existencia de obxectivos superficiais e as distintas estratexias existentes a través do consenso. É dicir, hai que traspasar o umbral da comodidade para traballar en grupo.

2. Para chegar a traballar en grupo, pode ser necesario levar a cabo dinámicas de grupo co fin de crear un sentimento de pertenza a unha cultura, aínda que diferenciando claramente a barreira de compañeiros e amigos. Dende o meu punto de vista, estas dinámicas de grupo aínda que pertenzan ao grupo empresarial son moi adecuadas no contexto educativo (eso sí, adaptándoas) xa que permitirían superar as barreiras e as paredes que dividen as diferentes aulas co fin de que se coñezan entre eles, saiban as actividades que se levan a cabo e se enriquezan.

3. Unha compañeira mostrou de maneira moi explícita que é moi difícil levar a cabo unha cultura colaborativa debido a que en ningún momento se traballou desa maneira. Por exemplo, na escola primaria: cultura individualizada, en secundaria: cultura balcanizada e no traballo: colexialidade burocratizada.

4. No debate tamén saíu a idea de competencias relacionándoa con competitividade, o que para min non ten nada que ver, xa que unha das competencias é o traballo en equipo.

5. A última idea referiuse a que cabe diferenciar individualismo de illamento e individualismo e cultura individualista (esta é precisa en certos momentos para formarse a si mesmo).

Como conclusión, considero que as culturas de colaboración por parte do profesorado son esenciais na educación, xa que estas acaban reflictindo no alumnado e non hai que obviar que un dos obxectivos da escola é a socialización tal e como sostén Vygotsky (1987) en Kaplun (1998): “En el desarrollo (del educando) toda función aparece dos veces: primero a nivel social y más tarde a nivel individual; primero entre personas (intersubjetiva) y después en el interior del propio educando (intrasubjetiva)”.

 

Como se pode observar, as preguntas a contestar foron: Que pensamos os asesores dos profesores? Que pensamos que pensan os profesores de nós como asesores? Estas foron resoltas a través dun pequeno debate onde as ideas claves foron: importancia da colaboración entre todas as persoas da comunidade educativa, xa que todas elas teñen un mesmo obxectivo: formar ao alumnado na súa integridade tendo en conta as súas propias características; valoración das dinámicas de grupo para conseguir un clima de traballo en equipo; e a importancia de diferenciar individualismo/illamento e individualismo/cultura individualista. Como conclusión, móstrase a relevancia que presenta traballar en equipo polo que é necesario facer esforzos e superar esa comodidade de traballar un mesmo ou só con amigos persoais.

O texto que se mostra a continuación refírese a contestación das mesmas preguntas pero de maneira grupal e logo de ser traballadas na aula polo que se encontran máis completas e de maneira máis específica:

 

  A técnica das 2 Ts

Como se pode observar, a resposta a primeira pregunta refírese a que como asesoras consideramos que os mestres levan a cabo unha cultura totalmente individualizada, polo que non interactúan cos demais axentes educativos. Ademais, non teñen en conta a atención a diversidade exceptuando aqueles alumnos que posúan necesidades educativas de apoio específico. Como última característica, cabe sinalar que non aceptan as críticas xa que teñen tan interiorizado o rol profesional que calquera opinión van a considerala persoal, influíndo, a súa vez, na dificultade que teñen para pedir axuda.

No tocante a segunda pregunta, dende o meu punto de vista, e superando un pouco a visión que tiñamos antes a nivel grupal, considero que existiu unha evolución positiva con respecto a valoración que teñen os profesores dos asesores. Con isto, quero dicir que nun principio, e segundo ao miña opinión, entendían que este profesional só atendía as problemáticas graves do alumnado, pasaba probas psicométricas e informaba sobre as ofertas académicas e profesionais. Ademais, encontrábase illado nun despacho non existindo ningún tipo de colaboración co resto dos profesionais.

Sen embargo, na actualidade e aínda que non teño experiencia persoal disto, creo que os profesores ven ao asesor/orientador como unha persoa a que lle pedir axuda sobre distintos aspectos, aínda que teñen que superar a visión de que só vai dirixida esta colaboración con respecto as problemas do alumnado para atender tamén ao curriculum, a metodoloxía a empregar nas aulas...

Cabe destacar que esta segunda pregunta, veuse finalizada a través da visión que tiveron os antigos alumnos sobre ela e que se mostra no seguinte documento:

Diario de clase

Esta sesión da clase, comezou mostrando a importancia da colaboración entre profesores e asesores xa que hai que decatarse de que os profesores seguen a ser un elemento clave. Dende esta óptica, o maior coñecemento que se teña deles, o traballo con eles e outros profesionais, é mellor xa que son a columna vertebral da institución educativa e por elo, a importancia de traballar en equipo. Isto débese a que teñen un mesmo obxectivo: a formación integral do alumnado atendendo as súas necesidades; e que a relación positiva entre profesionais permite complementarse mutuamente. Por exemplo, á hora de levar a cabo reforzos educativos existir distintas perspectivas fai valorar máis e distintas alternativas e orientacións, con respecto a se o faría unha soa persoa. Tanto o profesorado como os asesores deben facer un esforzo para levar a cabo esta colaboración.

A continuación, seguimos coa pregunta: Que pensamos que pensan os profesores de nós como asesores/orientadores? mostrando distintas perspectivas:

- Perspectiva utópica. O que me gustaría que fora, é dicir, que me gustaría encontrar nos profesores.

- Perspectiva teórica. O que aprendemos sobre o profesorado (experiencia/estudios). Teorización tácita.

- Perspectiva realista. O que realmente penso dos profesores como futuro/a asesor/a aínda cando non sempre me atreva a dicilo.

- Perspectiva de aprendizaxe. Os profesores, ao igual, que asesores e asesoras, son tamén capaces de aprender (“formación incompleta”). Con excesiva frecuencia se di que os profesores son resistentes ao cambio con outros profesionais, sen embargo estes tamén poden aprender xa que son profesionais que teñen que continuar coa súa formación de maneira permanente.

- Perspectiva persoal. Profesores e profesoras son persoas (como asesores e asesoras). Os profesores esperan dos asesores que resolvan problemas que, ¿non saben?, ¿non queren?, ¿non poden?... resolver. Os profesores dependen dos asesores e orientadores para determinados problemas como: “mírame a este neno”.

Durante toda a nosa vida, nos movemos en institucións, as cales nos marcan, nos limitan e potencian. Estas son algo máis que a suma de persoas, é dicir, non son un ente conservador, inherente... senón que van cambiando co paso do tempo, das persoas que se implicaron (equipos directivos, alumnado, familias, etc.)... Neste aspecto, os asesores deben coñecela, así como a cultura na que se sumerxe co fin de poder estudar as normas, crenzas... as cales son difíciles de cambiar. Neste proceso, o profesorado pode axudar ao novo asesor.

Para finalizar a clase do martes, retomouse a pregunta anterior a través das respostas dadas en anos anteriores:

- Desconfianza (“paquistaní”). Esta palabra refírese á idea que teñen os profesores sobre a chegada dos asesores e que atende a que nadie os chamou polo que non teñen que ir a traballar a un centro educativo. Isto fai cuestionar o traballo dos asesores, o que se pode deber á ruptura que produce a chegada deste novo profesional á educación tradicional. Destacar que este aspecto, cada vez máis, pola propia experiencia e algunha das compañeiras de clase, vai diminuíndo a valorarse o seu traballo.

- Descalificación.

- Bombeiros. Considérase que os asesores son “apagafogos”, é dicir, que unicamente están para solucionar os problemas dos profesores.

- Inutilidade da presenza. Algúns profesores consideran que o orientador se mete no despacho e non se sabe que fai. Esta idea podería solucionarse se os asesores fixesen visible o que fan. Cabe tamén destacar que algúns profesores desvalorizan o seu traballo xa que non teñen como función primordial a docente, a cal consideran que é a máis difícil do sistema educativo.

- Inexpertos. Esta idea pode deberse a que antes para ser orientador non facía falta formación específica, sen embargo hai que ter en conta a existencia de formación permanente o que subsanaría a súa deficiente formación inicial. Outra causa posible é que se deba a que é unha profesión relativamente nova.

- Axuda. Os profesores recoñecen a axuda que ofrece o orientador, así como o aire fresco e innovador que produce ao aparecer un novo papel educativo.

- Apoio.

- Asesoramento.

- Aire fresco.

- Innovación.

- Descoñecemento do papel. Aínda segue existindo esta idea, o que se debe moitas veces á grande cantidade de funcións que presentan e o seu solapamento.

A sesión do mércores consistiu na realización dun experimento. Este consistiu en analizar as distintas diapositivas dun powerpoint referido á: “Cien años más tarde. El regreso de los profesores. Santander, 6 de abril de 2011. Antonio Nóvoa”.

- 1ª diapositiva. Esta mostraba o título: “Cien años más tarde. El regreso de los profesores”, o cal se pode referir a unha perspectiva histórica dos profesores ou aos cambios producidos dende o tradicional ata agora.

- 2ª diapositiva. Esta atendía a dúas revolucións, o cal fixo pensar a clase que se podía deber aos cambios que se produciron no século XX (revolución industrial) e no século XXI (revolución tecnolóxica). A palabra “a contracorrente” que apareceu a continuación pode mostrar a idea de que a escola non da resposta á sociedade do momento, a loita contra a adversidade ou estar relacionada coa oposición que presentou a escola no século XX contra o franquismo.

- 3ª diapositiva. Nesta, apareceron diversas palabras referidas co principio do século XX, as cales poden representar as características que marcaban a escola nesta época. Centrándome nestas, estas eran: pouca sociedade (as escola non era para todos senón que unicamente para as clases dirixentes), pouca atención á diversidade (considerábanse garderías onde se tiña os nenos pero non onde se educaba), pouca actividade (tratábanse de clases maxistrais onde os nenos tiñan un papel pasivo) e pouca atención á diferenza (non se atendía ás características individuais do alumnado).

- 4ª diapositiva. A primeira declaración da educación nova pode referirse á educación que se leva a cabo na escola nova (paidocéntrica: centrada no neno e nos seus intereses, aspira a basear a concepción da infancia en estudos científicos, o profesor ten como función orientar e motivar, fomenta a cooperación, busca a formación integral do alumnado...).

- 5ª diapositiva. Móstrase: educación integral, neno no centro, métodos activos (suxeito activo) e pedagoxía diferenciada (educación adecuada ás características de cada alumno). Isto parece mostrar a visión construtivista da educación.

- 6ª diapositiva. Educación integral.

- 7ª diapositiva. Os múltiples aspectos que se mostran con respecto á escola permite ver a escola de principios do século XXI, a cal sufre masificación de contidos, dálle moita importancia aos contidos actitudinais e sofre novas incorporacións.

- 8ª diapositiva. Esta refírese a educación integral, espazo público da educación. Esta diapositiva pode atender a integración de todos á escola sen atender ás diferenzas económicas que existían antes ou a que a escola ábrese á sociedade. Tamén, se pode referir a que a escola ten que atender ás novas demandas que lle está a reclamar a sociedade.

- 9ª diapositiva. Preséntanse múltiples organizacións, institucións, movementos... e onde a escola está remarcada, o que se pode interpretar a que esta é o nexo de todas as demais.

- 10ª diapositiva. Neno no centro.

- 11ª diapositiva. Preséntase un escrito de Rousseau, polo que pode estar relacionado co naturalismo que defende este autor para a educación do neno xa que entendía que a sociedade corrompía a este.

- 12ª diapositiva. Aparece un novo escrito, pero de Alain o que se pode entender cun dobre sentido, polo menos foi o que apareceu na clase: en sentido de motivación e en sentido autoritario. Sen embargo, dende a miña perspectiva esta mostra que o profesorado debe ser un guía para o alumnado que está a aprender de maneira activa.

- 13º diapositiva. Esta diapositiva dende o meu punto de vista refírese ás comunidades de aprendizaxe e ao multiculturalismo que defenden estas. Outros compañeiros consideraban que atendía á visión vigotskiana, ao defender este autor o gran papel que ten a cultura na educación dos nenos.

- 14ª diapositiva. Métodos activos: perspectiva reflexiva. Mediante os métodos activos, se reflexiona tanto por parte dos mestres como do alumnado.

-15ª diapositiva. Esta diapositiva atende a Adolphe Ferrière (1920). Esta pode interpretarse como as imposicións que impoñía a escola ao neno non atendendo ás súas necesidades, como é xogar.

- 16ª diapositiva. Pedagoxía diferenciada.

- 17ª diapositiva. O autor que se mostra nesta diapositiva e representante da pedagoxía diferenciada, mostrou a importancia de separar as clases de Educación Infantil en cuartos, o que se denominan hoxe rincóns para darlle maior autonomía ao alumnado.

- 18ª diapositiva. A imaxe que se presenta da palabra diversidade en diversos colores e coa palabra superposta: “crise” permite crear distintas interpretacións desta. A primeira delas refírese a crise na atención á diversidade ao non atender a todas as necesidades dos alumnos/as, mentres que a segunda aos recortes económicos que está a sufrir este aspecto da educación.

-19ª diapositiva. Esta diapositiva refírese ao que entendía Arjun Appadurai sobre o diálogo e que mostra que cando se establece este non se debe ensinar nada para que a outra persoa non entenda nada nin ensinar todo debido a que, desta maneira, se poderían observar as inseguridades posibles existentes.

- 20ª diapositiva. Pedagoxía diferenciada: comprensión da diversidade e construción do diálogo. Esta, para min, refírese a necesidade de atender a todo o alumnado atendendo as súas características, intereses, motivación... e a necesidade dunha aprendizaxe dialóxica nas aulas.

- 21ª diapositiva. Nesta, aparecen as novas características que presenta a escola e que se refiren a que todos poden acceder á educación (máis sociedade), a atención aos nenos e as súas características e necesidades (moita máis atención na infancia); así como o entendemento do alumnado como suxeito activo e personaxe principal na construción do seu coñecemento (moita máis actividade). Ademais, destacase a importancia que lle da actualmente a escola a atender as necesidades, intereses, motivacións... do alumnado.

- 22ª diapositiva. Nesta diapositiva, móstranse dende o meu punto de vista os cambios ocorridos na escola dende principios do século XX ata agora.

- 23ª diapositiva: “ Concluyendo... ¿y los profesores?”.

- 24ª, 25 ª, 26ª e 27ª diapositiva. Estas catro diapositivas mostran as características básicas do profesorado nos anos 70, 80, 90 e actualmente. Con respecto aos anos 70, fálase da racionalización da ensinanza e pedagoxía por obxectivos o que permite ver que se trata dunha ensinanza máis racional e dunha escola acumulativa de contidos. Nos anos 80, prodúcense reformas do curriculum. Nos 90, móstrase a xestión e a administración dos centros escolares. Con respecto á actualidade, sinálase o que significa o regreso do profesorado, así como nas diapositivas posteriores se mostran as implicacións das características sinaladas anteriormente.

- A penúltima diapositiva refírese a personalidade e profesionalidade como unión necesaria para unha nova profesionalidade do docente realmente adecuada.

- Por último, menciónase que un bo profesor non ten substituto, o que mostra claramente a importancia deste profesional na educación.

 

 

Nesta entrada, como se pode observar tamén se analiza a importancia da colaboración entre os diferentes profesionais: asesores e profesores, polo que é necesario o coñecemento entre eles, así como o tipo de traballo que desempeñan, e a valoración dunha serie de diapositivas sobre unha presentación powerpoint: Cien años más tarde. El regreso de los profesores de Nóvoa.

Centrándome nas respostas dadas polo alumnado, sinaláronse aspectos tanto positivos como negativos da consideración por parte dos profesores dos asesores. Entre os negativos encóntrase a desconfianza, a descalificación, ser considerados bombeiros (é dicir, apaga problemas), inutilidade da presenza e inexpertos. No tocante aos aspectos positivos: entenden aos asesores como persoas de axuda, apoio, asesoramento, aire fresco e innovación. Tamén se sinala o descoñecemento do seu papel na educación, isto pode deberse a que é un departamento relativamente novo, rompendo a estrutura tradicional da educación e dos centros educativos.

 

Estas preguntas realizadas na clase acaban desembocando nos distintos tipos de cultura profesionais existentes nos centros educativos e que se refiren, sobre todo, ao grao de colaboración entre os profesionais. Para iniciar esta temática, levei a cabo un microrrelato no que se expón unha experiencia propia nun centro de educación especial onde a cultura predominante era a de individualización, o cal influía negativamente entre o alumnado. Ademais, cabe sinalar que neste centro non existía ningún departamento de orientación nin compartido nin adscrito; así como ningunha persoa que orientase ou asesorase ao profesorado ou ao alumnado nestas circunstancias que son tan importantes e onde hai que realizar unha gran cantidade de ACIs.

Microrrelato

Era unha mañán do inverno do 2010 e eu perdida entre a xente, atopei un colexio de catro unidades de Educación Especial e seis módulos de PCPI, para a miña sorpresa… como non¡non hai departamento de orientación! Entón, ¿cómo é posible traballar neste colexio e co contexto que presenta desta maneira? Os mestres non tiñan ningún tipo de apoio na realización de ACIs, non había quen os asesorase en determinados aspectos, non sabían como actuar coa gran diversidade de alumnos que tiñan na clase… e por non seguir que senón cubriría catro páxinas. A parte de todas estas carencias, as dificultades que podían presentar os alumnos só eran tratadas a través do departamento de Audición e Linguaxe o cal estaba colapsado pola grande cantidade de nenos cos que traballar.

Cando poño as lentes de colaboración entre profesionais, ¡sorpresa!¡tampouco existe! Non hai nin bo clima para tomar un café.

Desta maneira, descubrín como non debe ser un centro educativo tanto ordinario como especial!!!


Co fin de explorar máis pormenorizadamente esta temática das culturas profesionais, cabe sinalar o seguinte documento:

 

Culturas profesionais da ensinanza


Este encóntrase comentado no presente texto:

Análise e bibliografía do pdf: Culturas profesionais da ensinanza


Como se pode observar, nel trátase a definición de cultura facendo unha síntese do documento e do artigo de Pardo, J.C. e García Tobío, A. (1997): ¿O centro educativo como unidade de cambio? Interacción entre profesores: burocracia vs. Colaboración. Considérase esta como o conxunto de significados (valores, normas, crenzas…) que configuran un modo de ver as cousas respecto da organización escolar e dos procesos de ensino e aprendizaxe. A súa influencia é moi importante nestes dous aspectos debido a que vai influír, sobre todo, na dificultade ou non de realizar os cambios oportunos no sistema educativo e máis concretamente no centro educativo onde se desenvolva.

No tocante aos tipos que menciona, Hargreaves refírese a cultura de individualización, balcanización, colexialidade forzada e cultura de colaboración. Por todo o dito ao longo da creación deste crebacabezas, pódese mostrar que a que debería levarse a cabo é a cultura de colaboración na que todos os axentes educativos participen e se teñan en conta a través da coordinación do seu traballo. Para elo, é necesario que presenten unha mesma concepción tanto os profesores como os asesores sobre os procesos de ensinanza e aprendizaxe e a relación entre ambos, o cal na práctica non soe ser así. Isto pode observarse no seguinte texto e comentario:

Artigo: "Todo sobre Adaptaciones Curriculares. La forma de hacer explícita la actuación educativa orientada a la diversidad"

Comentario e webgrafía do artigo: "Todo sobre adaptaciones curriculares".


Neste móstrase que os mestres defenden unha visión empirista no tocante aos procesos de ensino e aprendizaxe e o perfil clínico con respecto á relación; sen embargo, os asesores consideran máis adecuado o construtivismo e o perfil educativo, respectivamente. Dende o meu punto de vista, sería primordial que ambos entenderan os procesos de ensinanza e aprendizaxe defendendo unha visión construtivista (papel activo do alumnado, entendemento do profesorado como guía, consideración da existencia de coñecementos previos por parte dos alumnos e entendemento da aprendizaxe como unha construción activa de representacións mentais).  Ademais, deben visualizar a relación entre ambos mediante un perfil educativo: o orientador ten que atender a todo o contexto educativo e a todo o alumnado, en xeral.

Cabe sinalar que no traballo en equipo que se defende, soen aparecer, conflitos, os cales deben visualizarse como positivos entendendo estes como unha maneira de enriquecerse, fortalecerse e superar distintas situacións e problemáticas, xa que hai que decatarse que existen diferentes perspectivas e visións, as cales deben ser de índole profesional e non persoal. Estas ideas plásmanse no seguinte arquivo, o cal incorpora un vídeo explicativo destes:

Video e breve comentario sobre os conflitos e a importancia da coordinación no traballo en equipo