Alba Senande Fernández

Son unha persoa con moitas virtudes (alegre, traballadora,...) pero tamén con moitos defectos (cabezota, perfeccionista,...) que me fan ser o que son

Historial

Peza 4. Visión da práctica orientadora: Revisión

Peza 4. Visión da práctica orientadora

Última actualización de en Alba Senande Fernández

VISIÓN DA PRÁCTICA ORIENTADORA

Esta peza permite analizar toda a teoría explicada ata agora na práctica, é dicir, observar se realmente se leva a cabo a colaboración e, se é así, de que maneira. Ademais, a través dela pódese reflexar o papel que ten un departamento de orientación nun centro educativo. Todas estas ideas encóntranse plasmadas no seguinte texto:

 

Diario de clase

 

A sesión do martes consistiu nunha charla dada por María José Lorenzo (Chefa), pedagoga terapéutica dun Instituto de Ensinanza Obrigatoria. Esta mostrounos ideas moi interesantes. A primeira delas referiuse ao gran cambio que sufriron os orientadores nos últimos tempos, xa que antes non se sabía ás función que tiña, mentres que agora teñen un papel moi importante sendo valorados moi positivamente nos centros educativos. Ademais, explicounos as principais medidas de atención á diversidade que se poden levar a cabo nun IES por parte do departamento de orientación e de todas aquelas persoas que o conforman. Entre estas, sinalou:

- Medidas ordinarias (reforzo educativo, metodoloxía e agrupamentos). Estas medidas non necesitan aprobación pola Aministración educativa e non afectan a elementos prescriptivos do currículum: obxectivos, contidos e criterios de avaliación.

- Medidas extraordinarias (adaptacións curriculares, programas de diversificación curricular e PCPI: programas de cualificación profesional inicial). Son aquelas que implican un proceso más complexo debido a que afectan a elementos prescriptivos. Cabe sinalar, como aspecto novidoso para min que agora os PCPIs permiten non só conseguir realizar unha tarefa senón que tamén alcanzar o título de ESO.

No tocante ás medidas organizativas de atención á diversidade, Chefa sinalou dúas: agrupamentos e aulas específicas. Estas aulas consisten nunha pequena unidade de educación especial nun centro ordinario. Para levar a cabo estas de maneira adecuada, o asesoramento dos pequenos debe conter os seguintes aspectos:

1. Análise de necesidades. É necesario ter unha perspectiva global da situación na que se está traballando:

1.1.    Espazo.

1.2.    Recursos humanos.

1.3.    Curriculum.

1.4.    Contorna. Neste aspecto, cabe resaltar a importancia de que o alumnado estea integrado totalmente no seu entorno.

 

Unha vez que o informe está feito atendendo á análise de necesidades, é preciso impleméntalo. Para elo, é imprescindible que este sexa comunicado a través dos órganos de coordinación docente a todo o profesorado e comunidade educativo co obxectivo de que todas as persoas coñezan este proxecto.

2. Implementación.

2.1.    Profesorado.

2.2.    Reunións de coordinación docente.

2.3.    Administración.

 

3. Avaliación. Se o traballo anterior está ben feito, esta parte é fácil de realizar.

 

A presentación destas fases levounas a cabo a pedagoga a través da súa propia experiencia persoal de creación dunha aula específica, a cal resultou nun primeiro momento difícil debido a que só había unha pedagoga estando os nenos menos tempo que o resto do alumnado do centro educativo, cun espazo moi pequeno e sen profesores de garda, polo que se o pedagogo se encontraba mal había que chamar aos familiares para ir buscar aos pequenos.

A continuación desta breve explicación, chegou o momento das preguntas realizadas polos meus compañeiros de clase. A conclusión que saquei delas é que na actualidade xa existe colaboración entre todos os profesionais dos centros educativos, aínda que algunhas persoas teñan máis disposición que outras, e a importancia de non facer ACIs continuamente. Este último aspecto resaltouno de maneira importante, xa que a creación destas debe ser o último recurso a empregar, é dicir, que é necesario agotar todas as outras maneiras de axuda a un neno durante o seu proceso de ensinanza e aprendizaxe: reforzo educativo, cambios na metodoloxía,... Isto débese a que as ACIs van dificultar ao neno a conseguir os contidos mínimos para chegar ao título e porque van aparecer sempre no expediente académico deste.

Por último, sinalou a importancia de superar o libro de texto, sobre todo, neste tipo de aulas específicas sendo fundamental traballar por proxectos. Por exemplo: obras de teatro, “coñecendo a nosa vila”... Ademais, de que tamén é preciso eliminar o tipo de disposición tradicional das aulas.

Considero que esta charla foi moi interesante debido a que nos permitiu observar o mundo práctico da nosa futura profesión coas súas limitacións e potencialidades, non sendo unicamente teoría que aprender.

O último día de clase, a mestra non podía falar polo que nos entregou un texto no que resolvía certas dúbidas sobre o portafolios, aspecto que se viu incrementado polas preguntas feitas polos meus compañeiros sobre este proxecto.


Como se pode observar, nesta entrada de blog analízanse os tipos de medidas tanto ordinarias como extraordinarias destinadas á atención á diversidade, sinalando claramente que unha ACI só se debe realizar como última opción xa que, como está dito anteriormente, pode producir consecuencias negativas para o alumno como é a dificultade de superar o ciclo e a súa redacción no historial escolar. Ademais, destácase os cambios a positivo que se produciron nos departamentos de orientación co paso do tempo. Antes, descoñecíase incluso o papel que tiñan os orientadores na aula tanto por parte dos diferentes profesionais como dun mesmo, mentres que agora están claras as funcións e son considerados persoas que guían, median e axudan tanto na elaboración de documentos, como na detección de nenos con dificultades, exposición de información académica e laboral necesaria para os estudantes para tomar unha decisións...

Tamén, se sinala que realmente, polo menos nese centro educativo, se dá colaboración aínda que hai certas persoas que están máis dispostas que outras; dende o meu punto de vista, isto é normal xa que hai que atender a motivación, personalidade dos diferentes profesores, o positivo é que existan culturas de colaboración.

Por último, analízase a creación de aulas específicas e a consideración negativa de usar libros de textos e non traballar por proxectos. A día de hoxe, esta metodoloxía segue sendo a dominante tendo o alumnado un papel pasivo e receptivo, e onde non se atende adecuadamente as súas características, a causa de que o uso de libros de texto condiciona de gran maneira os cambios que se poden realizar para adecuarse as súas necesidades, intereses e motivacións.

Esta idea sobre a importancia de traballar por proxectos, está plasmada no seguinte documento:

Reflexións sobre a importancia de traballar por proxectos

 

O momento final da charla realizada por Chefa, fíxome volver ao pasado e a miña experiencia persoal nas primeiras prácticas de psicopedagoxía. Estas leveinas a cabo nun centro de Educación Especial de Santiago. Debido a que non existía departamento de orientación e a causa da miña formación anterior como mestra en educación infantil, levei a cabo ditas prácticas como profesora na aula dos nenos máis pequenos deste centro, onde existía en total doce nenos e con diferentes patoloxías. Nesta clase, a mestra tiña ordenada a clase de forma tradicional e traballábase a través de libros de texto, os cales eran diferentes para case todos os nenos. Ao observar isto, un día formulei a idea de realizar un proxecto cos nenos, este consistía na primaveira debido a que estaba comezando esta estación. Este leveino a cabo grazas a liberdade que me ofreceu a mestra, polo que valorando as potencialidades e limitacións de cada neno, cada un deles realizaba unha tarefa diferente pero dende unha perspectiva de traballo en equipo. Como resultado final, fixemos unha árbore que pegamos a unha parede con diversas flores (cada unha delas realizada por cada un dos nenos en total liberdade) e valoramos as distintas características desta estación do ano. Dende o meu punto de vista, esta actividade gustoulles moito aos nenos debido a que aprenderon dende un papel activo e onde se valoraba a todos e cada un deles a través do seu traballo.

Outro día tamén realicei unha breve actividade entre todos na que os nenos tiñan que buscar diferentes animais no periódico (xa que a mestra un día a semana lle daba un pero sen facer nada máis de que os nenos o miraran). A través desta actividade, estivemos diferenciando os animais acuáticos, terrestres e mariños, o que resultou moi divertido e ameno para os nenos.

Por todo isto, considero moi importante traballar por proxectos, xa que lles crea aos alumnos un sentimento de importancia e de valoración do seu traballo, aspecto que non se fai cando o alumnado a única actividade que realiza é facer as actividades marcadas no libro. Ademais, a través deste tipo de ensinanza, o alumnado séntese escoitado e pode dar iniciativas sobre como traballar certos aspectos e de facer istos con máis liberdade que cun libro de texto.


Como se pode observar, esta reflexión é sobre a propia práctica e permite ver a actitude positiva que ten o alumnado con respecto a metodoloxía por proxectos superando o tradicionalismo dos libros de texto.