O meu proceso de aprendizaxe: Revisión

Pra comezar este portafolios, explicarei  inicialmente a metáfora que usarei como fío condutor ao longo deste informe. Por este motivo, se hai algunha tecnoloxía que nos acompaña diariamente a toda a sociedade é o reloxo. Deste xeito, usarei a mesma idea que na miña entrada ao blog, titulada Cómo inflúe a tecnoloxía nos nosos días?. Na cal, explico cómo evolucionan os reloxos, e a maneira de entender o tempo polas persoas, ao mesmo tempo que cambia a sociedade. (http://stellae.usc.es/red/blog/view/146887/como-influe-a-tecnoloxia-nos-nosos-dias)

Esta idea, como se explica na entrada, xurdiume a raíz de ler a reflexión nun libro. Nel, compara a sociedade do reloxo de agullas coa do reloxo dixital, mais neste caso eu afondarei un pouco mais, dende o reloxo de sol. Así poderei exemplificar como o meu coñecemento sobre Tecnoloxía Educativa se foi perfeccionando a partir dunha idea rudimentaria ao longo deste curso. Polo tanto, dividirei o meu proceso de aprendizaxe en tres etapas diferentes, que se corresponden con: o reloxo de sol, o reloxo mecánico e o reloxo dixital.


Redorta, J., Obiols, M. y Bisquerra, R. (2006). Emoción y conflicto: aprenda a manejar las emociones. Barcelona: Editorial Paidós.