4. identidade dixital e políticas educativas: Revisión

En relación á entrada anterior, cabe destacar a importancia dos novos procesos de comunicación tanto interpersoais como coa máquina, como reflexo nalgúns dos meus blogs, como no xa mencionado sobre pensamento computacional en educación.

Esta comunicación levada a cabo en forma de consumición, distribución ou creación de información supón a nosa ctividade na rede, e polo tanto a identidade dixital.  A anterior pode ser voluntaria ou non, con todo sempre cabe ter en conta os riscos existentes na rede (como o sexting, bullying...) polos que se debe potenciar o control da primeira atendendo á boa xestión dos nosos perfiles nas redes sociais, e ó incremento na seguridade destes, por exemplo.

Destas problemáticas falo nun momento inicial da materia por exemplo, no post referente á película

Isto non só serviría para non dar unha imaxe errónea de nós mesmos senón que entra en xogo ademais como vimos en clase os intereses das empresas, como o caso de facebook,a  quen lle pertencen as fotos que subimos.

Neste termo destaco o meu post "A cotillear". ou "celanova terá letra propia en internet" non facendo referencia soamente á imaxe persoal senón a dun lugar, por exemplo, por medio dunha carta de presentación.

Así, debemos evitar a existencia de orfos dixitais, potenciando sistemas de educación en favor das boas accións educativas, que ademais deben estar amparadas por leis que as fudamenten e normativicen.

Estas cuestión trátoa nos seguintes posts:

"control parental nas redes sociais"

comentando experiencias TIC en España

"aprendendo das boas accións".