Historial

O meu portafolios: Revisión

O meu portafolios

Última actualización de en Silvia

Cando somos cada un de nós os que nos encargamos de elaborar o noso propio proceso de aprendizaxe, é tan importante seguir as directrices do noso coordinador/a ( en este caso a nosa profesora Adriana ) para construír un bo coñecemento e de xeito correcto, como poder reflexionar sobre él para ver que nos aporta, con que idea nos quedamos, que utilidade lle vemos, etc... .

Coa creación de esta páxina, vou a falar sobre os distintos aspectos que traballei en este portafolios, e para eso dividirei estas reflexións en  ámbitos principais : por un lado todo o relativo ao blog e por outro os ámbitos dos archivos, tweets, grupos e favoritos.

Debo resumir a miña experiencia como satisfactoria. Se o obxetivo era construír o noso propio proceso de aprendizaxe eu conseguino, se era aprender a investigar e facer búsquedas de información que nos leven ao mais concreto eu tamén o conseguin, logrei aprender a aprender non só de min misma ou da profesora, senón dos meus iguais ( os compañeiros/as), a comprender que de un mesmo tema poden existir opinións moi diferentes e ser todas válidas á vez, . . .

Como futura educadora, vexo este método de traballo como moi viable, e con moito futuro, pois xa actualmente se leva a cabo en algunhas institucións educativas, e co paso do tempo estou segura de que se ampliará o seu uso a éste e outros ámbitos.

Xa para finalizar, e facendo unha autoavaliación mais concreta de min e do meu progreso en esta materia, considero que é notable. Ao principio estaba temerosa de facer todo, pois dábame medo que o resultado non fose o que se esperaba de min, ou mesmo que a min esto non me aportara e polo tanto, servira para nada. Co paso do tempo ese medo foise indo, e comecei entonces a expresarme e a indagar en todo aquelo que tiña curiosidade por saber sin ningún outro temor que o de non encontrar información sobre él e poder resolver as miñas dúbidas. A primeira revisión realizada por Adriana, a min persoalmente motivoume moito, pois é de agradecer que che indiquen unhas pautas nas que podes mellorar e enriquecerte moito mais, e xa dende ahí co excaso tempo que tivemos para facelo, creo que fun evolucionando en todos os aspectos.

Considero que no meu blog tiven unha continuidade dende o principio ata o fin, actualizando unhas 2 - 3 veces á semana, incluso ás veces mais. Intentei investigar e analizar para aprender gran diversidade de elementos que fixeran moito mais rico o meu proceso de aprendizaxe. No referido ao análise que fixen sobre todos eses elementos, creo que a partir da metade do portafolios, empezei a facer un análise moito mais profundo que ao principio, facendo valoracións mais persoais para adaptar esas aprendizaxes a min. O mesmo que na análise sucede coa estructura do portafolios. A partir da metade todos os elementos comecei a destacarlle a relación que teñen uns cos outros, para así crear un coñecemento formado por distintos elementos que gardan relación entre sí.

A continuación, nas subcarpetas do meu portafolios, pódese ver o meu progreso tanto no blog, como nos outros aspectos do meu portafolios.