The Crooked Path: Revisión

Crooked path

Elixo esta obra "The Crooked Path" (O sendeiro sinuoso) de Jeff Wall para dar título ao meu portafolio da materia de Tecnoloxía Educativa porque todos os camiños teñen as súas variables, dificultades, curvas, tropezos, é difícil atoparnos con un camiño recto, sen costas e sen obstáculos e "Tecnoloxía Educativa" non ía ser menos.

Comezamos este camiño en marzo despois de un mes moi intenso para todos os compañeiros, o mes de Practicum nunha institución que para algúns serviu como un motivante para o resto do ano pero para outros tivo un efecto totalmente contrario, houbo xente que desexaba volver ás aulas e houbo outros tantos que non pero todos regresamos coa presentación de soamente tres materias, o cal si motivaba bastante para facer un cuatrimestre perfecto, unha de esas materias foi Tecnoloxía Educativa, algo totalmente novedoso para nós, porque a pesar de que utilizamos diferentes tecnoloxías desde que nos levantamos á mañá, nunca traballaramos esta temática en profundidade e moito menos asociada á educación.

A pesar de que a nosa xeración pertence por completo á era dixital, co estudo desta materia dinme conta de todos os cambios que se poden producir en poucos anos, xa que cando nos abandonamos a escola eu non recordo máis que o vello televisor e aparato de vídeo, obviamente soamente un para todo o colexio, logo no instituto chegou a maior innovación que eu persoalmente vivin nas aulas que foi o proxector conectado co ordenador portatil que xubilaba así ao proxector de diapositivas (con cores moi pouco fieis á realidade). E agora, de súpeto, abres os ollos e ves aulas con libros electrónicos, máis ordenadores, proxectores... e ata pizarras dixitais!! 

Ao dotarnos de máis recursos tamén debemos pararnos a pensar cales son as súas ventaxas e os inconvenientes, se estamos realizando un uso adecuado das novas tecnoloxias ou simplemente repetimos vellos hábitos pero agora en soporte dixital. Na andaina da materia descubrimos o que hai máis alá dos propiamente recursos electrónicos, é dicir, as bases teóricas que respaldan certos hábitos e a actualización das mesmas á nova Sociedade da Información.

Finalmente, podo dicir que durante este camiño tivemos a oportunidade de realizar dous tipos de aprendizaxe, por unha parte conectámonos coas novas tecnoloxías case como se fóramos alumnos e alumnas de Primaria mentres experimentábamos coa pizarra dixital e os seus programas como JClick e tamén na aula de informática coa clase sobre Squeak; e por outra parte o acceso a un coñecemento máis teórico co estudo de teorías como o conectivismo ou o construccionismo.