2. Contidos: "El lápiz sólo escribe sombras de palabras.”: Revisión

Como en todo comezo novo, sempre hai que probar como funcionan as cousas, polo que iso realicei eu mesma, cando comezamos a traballar con stellae. Comprobei que se podía publicar blogs, twitter, subir archivos, todo como se fora outro tipo de redes sociais, polo que me foi doado manexala.

A través de diferentes blogs comecei a construír o meu portafolios. Dentro deles fixen diferentes tipos de publicacións, como unha introdución ou presentación o primeiro día que tivemos a clase interactiva de Tecnoloxía Educativa, a cal xe din o nome de “Recordando...”.  A partir de aquí, xa comezaron a tomar forma mais teórica e mais persoal, xa que en cada posts sempre intentei deixar unha pequena opinión persoal sobre o contido que trataba.

Podo mencionar moitos dos que mais me custaron compoñer ou incluso dos que mais me gustaron. Pero para nomear algún dos que mais me complicou para compoñelo, foi “Internet”, xa que foi un dos primeiros e non tiña claro como poder relacionalo coa materia, nin como facelo, xa que estaba mais ben perdida. Outro que me resultou complicado foi “Wikileads”, debido a que non encontrei suficiente material para poder redactalo adecuadamente. Era un tema que me chamaba a atención sen embargo érame imposible poder escribir mais del, para min a busca deste tema foi complicada e desanimada.

Cada vez que ía pasando o tempo collín mais confianza a páxina e seguía realizando as publicacións, que xa eran moito mais doadas de realizar e as buscas foron mais fáciles.

Unhas das que mais me gustou foi “Cuidado de la imagen y la privacidad en celulares y redes sociales” e “Novos desenvolvementos tecnolóxicos para a sociedade”. Estes gustáronme porque son temas que me interesan e as cales sempre se escoitan a falar a través de diferentes TICs de comunicación. Estamos en contacto cada día coas tecnoloxías polo que saber algo mais delas sempre resulta algo bo para todos, xa que aínda existe moita xente que non están de acordo de utilizalos e nin saben os beneficios que nos poden traer a moitos de nós. Polo que poder falar destes temas resultoume mais doado e incluso sentinme mais cómoda.

Todos os blogs fixeron referencia aos contidos que demos en clase, uns centrábanse mais que outros , xa que intentaba buscar mais información sobre algo que me chamara  a miña atención.

Teño que destacar que o meu método de publicación cambiou cando se tivo que facer a rúbrica, xa que a través dela puiden ver os meus fallos, os cales tiven a oportunidade de poder cambiar moitas cousas e poder melloralas. Foi un método de avaliación bastante útil, xa que ao poder realizar unha revisión anticipada antes de cerrar esta etapa, temos unha nova oportunidade de reflexionar sobre o que facemos mal e o porque. Polo cal foi un punto medio que me fixo reflexionar sobre as miñas publicacións e os seus contidos.

Por outro lado, facendo referencia aos twitters, só os utilicei para poder informar de cando publicaba e animar a que comentasen neles, así como poder facer referencia a algunha frase que me parecía interesante publicala.

E por último quero mencionar que algo complicado que me resultou, foi poder incluír vídeos, xa que moitas veces non xes deixaban velos aos meus compañeiros, polo que tiña que sacalos definitivamente e introducilos nas referencias bibliográficas, ou intentalo ata que o lograse.

Quero indicar que a miña metáfora para este portafolios é a seguinte: “El lápiz sólo escribe sombras de palabras.” Por qué esta metáfora? Pois como a materia de Tecnoloxía Educativa foi enfocada cara as novas tecnoloxías, falamos entre as clases expositivas e interactivas, así como dentro do stellae, das renovacións tecnolóxicas que se deron nestes últimos anos, dos nosos coñecementos, do noso PLE, o coñecemento sobre a actualidade actual, o entorno persoal de aprendizaxe e sobre os contidos transversais,.... Todo isto chegou a cambiar a metodoloxía das escolas, do traballo, da vida en xeneral de todos, polo que os métodos antigos como o uso dun lápiz quedou nas sombras, no olvido das persoas mais novas e das maiores incluso.

O progreso destas TICs foi en aumento, podendo mellorar as nosas vidas, tanto as persoas que sofren NEE como as que non. Polo que o seu desenvolvemento está sendo ben acollido entre todos, o que fai que o antigo non teña cabida dentro desta sociedade tecnolóxica.