1.2 O inicio: Revisión

1.2 O inicio

Última actualización de en Sandra Araujo Javier

Cando comeza o proceso para aprender a montar en bicicleta estamos dubidosos e nerviosos porque non sabemos realmente como facelo nin que precisamos saber para empezar. Do mesmo xeito, ocorreume a min coa materia de Tecnoloxía Educativa nun primeiro momento cando nos explicaron a metodoloxía e, especialmente, o funcionamento de stellae.

Nos primeiros momentos de aprendizaxe para montar en bicicleta, empregamos as rodiñas que nos sosteñen mellor e de xeito complementario ás grande rodas da bicicleta.

80210_3.jpg

Vexo este elemento da bicicleta como as ideas que eu tiña ao comezo sobre o que debía escribir na rede social e como debía facelo. Así o demostran os meus primeiros blogs como estes:

Educación para a tecnoloxía

Despois da clase expositiva que nos permitiu introducirnos na materia de Tecnoloxía Educativa, cómpre resaltar aspectos que me resultaron interesantes e que, dende o meu punto de vista, son relevantes. Sen dúbida, a clase foi do máis sorprendente e interesante, xa que acostumamos a chegar á aula e sentarnos, mentalizándonos de que debemos soportar dúas horas de charla sen apenas interacción. Tamén é certo, que nos impactou moito chegar á clase e que a profesora non estivera, servíndonos como intermediario un cartel colgado no encerado. Isto descolocounos e, en realidade, non tiñamos moi claro como actuar por iso da costume. En cambio, unha vez que comezamos o xogo, fixemos algunhas probas e nos introducimos de cheo, foi divertido compartir unha experiencia así cos compañeiros. Gustoume a idea de empregar os dispositivos tecnolóxicos, xa que todos dispoñemos dun e facemos un uso habitual deles. Aínda así, no meu grupo resultounos complicado, en certos momentos, para situarnos e empregar as ubicacións.

A temática das probas era diversa, pero toda incluía explícita ou implícitamente a tecnoloxía. A proba que menos me gustou foi a do video, non pola proba en sí, senon porque a idea de salir falando nun vídeo co temor de que toda a clase o vise, non chamaba a miña atención. En cambio, gustoume a proba na que tiñamos que sacar un selfie cunha persoa que non coñeciamos. De feito, pedímosllo a unha rapaza que iba acompañada de outras dúas e todas elas participaron encantadas. A proba que consistía en sacar unha foto a algo que consideraramos tecnoloxía, fíxonos reflexionar, xa que moitas de nós consideramos tecnoloxía calquera aparato electrónico, descoñecendo que a cousa máis insignifcante pode ser tecnoloxía.

Unha proba interesante foi a de seleccionar os contidos, xa que escapa do habitual, facendo que coñezamos os contidos de forma interesante, evitando a típica lectura do programa da materia. A realización do poema foi complicada ao principio, aínda que tiñamos claro que sería de amor-odio cara as redes sociais e, así foi, comentabamos a través del, que as redes sociais esconden identidades e falsas palabras (nalgunhas ocasións, non sempre é así).

Con respeto ao video do que se falou hoxe, estou totalmente de acordo. Penso que se podería aplicar especialmente ao ámbito das novas tecnoloxías tanto a favor como en contra. A favor, porque moitas persoas da sociedade actual néganse a introducirse nunha realidade irremediable como é a das tecnoloxías e, en contra, porque moitos están tan sumerxidos nese mundo de dependencia que se resignan á idea de que non poden vivir sin elas. O certo é que é complicado na actualidade, xa que a maioría das nosas xeracións vivimos a evolución das tecnoloxías, dende o seu nacemento. Para as persoas máis maiores é complicado adaptarse porque pasaron toda unha vida prescindindo delas, xa que non existían, mentres que para as novas xeracións as novas tecnoloxías son os xoguetes cos que divertirse, limitando en moitas ocasións as interaccións cos demais.

A modo de conclusión, dende o meu punto de vista considero que as tecnoloxías teñen, como todo, os seus pros e contras. Por unha banda, son necesarias nunha sociedade que se move e comunica a través delas. Facilitan a nosa vida, xa que nos permiten manternos informados en todo momento e comunicarnos con calquera parte do mundo. En cambio, ben é certo, que existe certa dependencia, especialmente das redes sociais, chegando a sernos imposible pasar dúas horas sin empregar un dispositivo tecnolóxico. Penso que deberiamos comezar por dar unha educación que permita un manexo responsable e eficaz, beneficiándonos de todas as súas vantaxes.


Información fiable ou non?

A clase interactiva do luns fíxome repensar a forma na que filtramos información. É verdade que hoxe en día, a diferencia de anos atrás, podemos atopar moita información diversa e variada pero... Esa diversidade e variedade é fiable e válida? Debemos fiarnos de todo o que encontramos e de todo o que lemos?

Como é obvio, a resposta á pregunta anterior é non, dende o meu punto de vista. A información recorre millóns de recunchos, nos que pode ser modificada de moi diversas formas convertíndose, moitas veces, en opinións ou en información errónea. As opinións son importantes como todo, pero en realidade, se estamos buscando información para realizar un traballo ou, simplemente para ter máis coñecementos sobre un tema concreto, de pouco nos sirven as opinións que os demais nos poden dar, porque son iso, pensamentos que unha persoa ten sobre unha temática.

Por iso, a miña reflexión céntrase en si sabemos realmente como estruturar e procesar toda a información que posuímos. Moitos pensamos que temos un control absoluto sobre as tecnoloxías e, en realidade, só coñecemos unha mínima parte de como se manexan.

Durante a miña estancia na Educación Primaria e na ESO, fóronse introducindo novas formas de aprendizaxe, todas elas relacionadas coa tecnoloxía. A pesar de que medramos nun mundo tecnolóxico, sabendo manexar un ordenador, chegamos á Universidade sin saber de que información nos podemos ou non nos podemos fiar. Este feito paréceme realmente importante, xa que moitas veces temos cantidade de información que nin sabemos como empregar, limitándonos a un círculo moi pequeno.

Por isto e, como xa dixen con anterioridade, considero que se precisa unha educación dende o comezo, no mundo da tecnoloxía e da información, para que todos os problemas que estamos vivindo nestes momentos, non sigan sucedendo en xeracións posteriores, podendo evitar todos os seus aspectos negativos.


Tiña claros os conceptos que se ían traballando na clase e gustábame moito a idea de ter a oportunidade de poder comentar sobre eles e que os demais compañeiros nos desen as súas opinións. Comezamos traballando conceptos como a importancia de filtrar a información, así como a curación de contidos que nos permiten informarnos de xeito máis seguro, evitando datos e informacións falsos ou con pouca validez.