1.6 Obxectivo acadado: Revisión

Rematando e despois de realizar unha marabillosa viaxe en bicicleta con total liberdade e soltura, podo dicir que acadei o obxectivo esperado: son condutora dunha bicicleta!

En paralelo, facendo unha análise e intentando sintetizar todo o aprendido durante o cuadrimestre sobre a materia de Tecnoloxía Educativa considero que si, si teño máis e mellores coñecementos dos que tiña nun comezo.

A materia aportoume conceptos pero, especialmente, visións educativas sobre a tecnoloxía. Un dos conceptos máis relevantes para min é o de competencia dixital xa que me permitiu ver que os coñecementos e as habilidades que eu cría saber, eran máis reducidos que os que en realidade posúo en materia tecnolóxica. Do mesmo xeito, considero que, unha vez rematada a materia o meu PLE (Personal Learning Enviroment) aumentou e agora conta cun amplo conxunto de elementos que me permiten buscar, organizar, compartir, crear e comunicar información. A través da filtración de información e a curación de contidos permitiume decatarme da importancia que ten unha educación dende os inicios, para que todas as persoas sexamos capaces de distinguir a información válida da que non o é, facendo que os nosos coñecementos sexan mellores. Finalmente, destaco a importancia dos modelos e do seu tratamento e coñecemento co fin de posicionarse e lograr basearme neles na miña tarefa como futura pedagoga.

Concluíndo o meu recorrido pola materia e a miña primeira viaxe en bicicleta, podo dicir que estou satisfeita do traballo feito e dos aprendizaxes adquiridos xa que, como comentei, esta materia déixame unha visión da tecnoloxía na que considero que debemos saber integrar todos os instrumentos que sexan posibles nos procesos educativos, intentando que se facilite a aprendizaxe á vez que se goce de todas as vantaxes que nos aportan. A tecnoloxía é o futuro de todos os ámbitos da sociedade e a educación non debe apartarse das posibilidades que nos ofrece. Na nosa man, como futuros pedagogos está a oportunidade de mudar pensamentos e aproveitar oportunidades. Déixame tamén un sabor agradable a metodoloxía empregada, novedosa, influínte e, sobre todo, interesante e desafiante para o noso traballo. Esta forma de aprendizaxe permite que nos sexamos os protagonistas principais, elaborando o noso coñecemento e participando de xeito directo no conxunto da materia. O que máis motiva son os retos que se nos poñen e eu considero que fun capaz de logralos. O camiño continúa aínda que pechemos unha etapa máis!

bici.jpg