Miriam Blanco Rodríguez

A xente que me coñece considerame unha persoa alegre e divertida, gústame ver a cara positiva das cousas e odio discutir, polo que intento evitar as discusións.

Historial

3.2. Culturas de colaboración: Revisión

3.2. Culturas de colaboración

Última actualización de en Miriam Blanco Rodríguez

Na nosa película ademais o asesoramento relacionase moi estreitamente co profesorado polo que creo que para poder entender a relación que se establece entre estes e necesario que entendamos as diferentes culturas que se poden dar no centro (escenario prioritario na nosa película)

Se tomamos como referencia a Pardo Perez e García Tobío atopámonos con que a “cultura escolar” consiste no conxunto de significados (valores, normas, crenzas, intereses, expectativas, etc.) que configuran un modo de “ver as cousas” respecto da organización escolar e dos procesos de ensinanza/aprendizaxe.

 Existen catro tipos de cultura escolar:

 1.   Individualismo fragmentado: Caracterízase polo traballo illado, solitario e privado ao que vese reducida a actuación do profesor, dentro da súa aula. Non se comparten recursos nin ideas senón máis ben unha total indiferenza entre uns e outros.

2.  Balcanización: As relacións institucionais dos profesores caracterízanse polo conflito e o choque de intereses entre varios grupos que loitan por alcanzar unha posición privilexiada, é dicir, por motivos de poder.

3.  Colexialidade forzada: Por presión administrativa, fórzase os profesores a traballar en equipos mediante a imposición de reunións conxuntas. Os profesores limítanse a cumprir as reunións mínimas e non se implican afectivamente nin se senten comprometidos.

4.  Cultura de colaboración: Dáse en escolas cun forte "sentido de comunidade". As persoas están unidas por vínculos de ideas, perspectivas, creencias,… e uns obxectivos comúns, construídos ao mesmo tempo por todos eles.

image

 Pero se seguimos indagando no tema e nos centramos agora no artigo de Antonio Bolivar, "Culturas profesionales en la enseñanza" atopámonos con que diferencia entre catro tipos de culturas: do individualismo, a de balcanización, colexialidade forzosa e a colaboración.

Para tocar dito tema temos que ser conscientes de que a educación está en constante cambio e que a cultura profesional que seguimos en moitos casos pode combertirse nunha barreira para a realización de ditos cambios.

Estou dacordo en que como o autor di o centro escolar en moitos caso vese definido pola cultura do centro, entendendo esta en palabras de Rossman, Corbett e Firestone (1988) como o conxunto de espectativas compartidas sobre o que é e debe ser a acción diaria no centro. Es así que la respuesta que los centros dan a esos cambios (prescritos y legislados) es en base a lo que su cultura establece como bueno.

É importante que teñamos claro que cada comunidade non posúe unha cultura unificada senon que está formada de subculturas. O certo é que na organización podemos falar dunha cultura dominante (aquela que os valores básicos son compartidos pola maioria dos membros da comunidade)e a súa vez subculturas que son compartidos por un grupo e que poden ter nexos comúns entre elas, por exemplo dentro dos institutos os departamentos didacticos entre eles soen configurar subculturas.

Hargreaves y otros (1992) definen a cultura escolar en base a dous factores:

  • Contido: referido as crenzas, valores, hábitos e modos de facer que son asumidos polo profesoraso. Sendo importantes en certos contextos con fortes lazos de integración e consenso. Como xa mencionei antes, en moitos centros a cultura podes subdividirse en dúas ou mais.
  • Forma: Refírese ás pautas/modelos de relación ou asociación entre os menbros dunha cultura, centrándonos no noso caso as relacións de traballo que o profesorado ten cos seus colegas tanto dentro como fora da escola. Esto pode ser incluso de máis importancia que o propio contido. Ultimamente podemos falar de dous tipos opostos de cultura dos profesores nos centros escolares fixose familiar nos ultimos anos: por unha banda temos unha cultura predominante na ensinanza do aislamento, individualismo e vida privada...fronte a imaxe emerxente dunha cultura común da colaboración que está caracterizada por normas de colexialidade, onde o profesorado axúdase e apoiase uns a outros habitualmente, compartindo fins e obxetivos, etc.

Hargreaves (1991) falanos segundo os patróns de interrelación entre os docentes, catro tipos de cultura profesional:

individualismo, balcanización, cultura de colaboración e colexialidade restrinxida ou imposta

 

image

 

tabla.png

En relación coas culturas de colaboración dende clase propúxosenos a actividade de baixo a nosa breve (brevisima) experiencia pois contrastar que tipo de culturas de colaboración podia existir nos centros os que nos tivemos acceso.

Microrrelato


En base a todo o exposto creo que un dos problemas que nos podemos atopar a hora de establecer as culturas de colaboración, é que moitas veces a participación é practicamente excasa entre eles, por iso anexo aqui unha referencia a un texto de Antúnez.

 

¿QUÉ PODEMOS HACER PARA MEJORAR LA PARTICIPACIÓN EN LOS EQUIPOS DE PROFESORAS Y PROFESORES?

 Miriam Blanco Rodríguez

Asesoramento curricular a centros e profesores.