Historial

3. Primeiras semanas: Revisión

3. Primeiras semanas

Última actualización de en Uxía Adán

Co transcurso dos días, no campamento comezas a formar novas amizades e a adaptarte a rutina. Xa coñeces perfectamente as instalacións e sabes moverte con facilidade polo recinto, comezas a ter confianza con moita xente que nun principio non coñecías e a comunicación empeza a fluír. É aquí cando soen comezar os primeiros desencontros, algunha xente quere irse para casa, outra non encaixa e discute, algúns comezan a ter malos comportamentos e a saltarse as normas, polo que os monitores deben facer de intermediarios para solucionar e encauzar estas situacións.

3.jpg


Con respecto a Stellae, canto máis íamos avanzando no tempo, máis coñeciamos a plataforma e máis publicábamos e comentabamos.

Pero foi aquí cando chegou a primeira avaliación do portafolios, na que a profesora tivo que encauzar o caso de cada un ou animalo a seguir por ese camiño. Moitos de nós, si sabiamos que tiñamos que facer pero aínda non dispoñiamos da facilidade que se precisa para atopar temas que nos motivasen a escribir. Outros non estábamos a seguir un camiño adecuado polo que esta avaliación serviunos como punto de inflexión.

No meu caso, dinme de conta de que podía de dar moito máis de min e de que tiña que cambiar un pouco o meu uso na rede social.