1. Entrada ao Labirinto: Revisión

1. Entrada ao Labirinto

Última actualización de en VanesaPais

Cando te atopas ante a entrada dun labirinto, sentes curiosidade e ao mesmo tempo medo de perderte entre esa infinidade de camiños que pode que non che leven a ningunha parte. Así me sentín ao comezo da materia, pois non comprendía todo o que abrangue a Tecnoloxía Educativa e non sabía que camiño era o máis acertado ou o máis correcto. Isto xunto a novidade de ser avaliada a través dunha plataforma virtual desorientoume, cambioume a miña forma de actuar ante a materia e ante a tecnoloxía en xeral.