Historial

3. SAÍN DO LABIRINTO!: Revisión

3. SAÍN DO LABIRINTO!

Última actualización de en VanesaPais

Durante este labirinto do que finalmente logrei saír, funme encontrando con ideas, conceptos e recursos que descoñecía, o que fixo que se estreitara a miña relación coa tecnoloxía e sobre todo, permitiume coñecer todo o que abrangue o termo de Tecnoloxía Educativa.

Aínda que non teño claro que o meu futuro profesional se atope dentro deste ámbito, si que fixo que a miña visión sobre a tecnoloxía e, concretamente, sobre as redes sociais mudara por completo. Pois grazas a Stellae e grazas as miñas compañeiras/os que participaron nela,  tiven a oportunidade de coñecer e comprender a multitude de aplicacións que poden ter as novas tecnoloxías tanto no ámbito persoal como no ámbito profesional como futura pedagoga. Ademais, proporcionoume recursos que me son útiles tanto no presente como estudante como nun futuro profesional, achegándome así a unha realidade diferente no que a tecnoloxía ocupa un importante papel dentro das nosas vidas.

Probablemente non volva a empregar esta rede social, pero si que recordarei sempre os beneficios que esta trouxo para a miña formación e para o fomento do meu traballo reflexivo, crítico e autónomo.  Sempre recordarei esta bonita experiencia como algo diferente, que me ilusionou e que estivo repleta de vivencias que me axudaron a formarme dentro do ámbito pedagóxico.

En definitiva, a vida é un labirinto con moitos camiños que podemos tomar e na que deberemos manter sempre unha actitude positiva e aberta a novas experiencias, tal e como intentei eu nesta experiencia Stellae, pois sen decatarnos dará un novo xiro as nosas vidas cara un mundo cheo de novos coñecementos, experiencias, vivencias, etc.