1. Brotes: Revisión

1. Brotes

Última actualización de en Yolanda Rial

Figura 2. Brote flor de cerezo. Recuperado de: https://i1.wp.com/www.plantasyjardines.es/wp-content/uploads/2015/01/Primeras-yemas.jp

 

A finais de xaneiro deste ano tocaba un cuadrimestre novo, e con el brotaban unha serie de materias novas. Entre elas atopábase: Tecnoloxía Educativa. Os comentarios que se escoitaban sobre esta materia era que se desenvolvía mediante unha rede social. Pero… Como así?

Co seguinte e-portafolios o que pretendo é facer un percorrido polos contidos que fun levando a cabo durante as miñas publicacións nesta rede. Nunca me pareceu sinxelo reflexionar e expresar por escrito todo o que un sente, ou ben, como neste caso, o que me levo desta materia xa non só no ámbito profesional, senón tamén no persoal. Como plasmar iso de maneira que poida ser compredido? Para iso, intentei atopar unha metáfora que reflexe a miña andaina na devandita materia.

Cerdeira: árbore da familia das rosáceas duns cinco metros de alto, tronco liso e flores brancas, que ten como froito a cereixa.

As cerdeiras (Stellae), sakura, forman parte da identidade do pobo xaponés. Tras superar o inverno, esta árbore comeza a encherse de pequenas flores (publicacións realizadas) e ao chegar a primavera unha multitude de xaponeses danlle a benvida baixo estes sakura en plena floración. O hanami é a observación das cerdeiras en floración.

Antes de chegar ao froito primeiro teñen que desenvolverse as follas, logo medrar os brotes para dar paso á floración. Unha vez os pétalos desaparecen, os froitos iranse formando e madurando pouco a pouco, ata finalmente poder degustar o seu froito.

Por último, unha vez maduro o seu froito, a cereixa, dase paso á colleita (coñecementos adquiridos), e aínda que parezan iguais cada unha delas pode diferenciarse do resto; unhas serán máis grandes ou máis pequenas, máis doces ou máis amargas, máis ou menos vermellas, etc. E así coma as publicacións, diferentes entre si pero cun nexo en común: a Tecnoloxía Educativa.

Cada aprendizaxe adquirida, dende a máis teórica ata a máis práctica ao longo deste camiño, é como abono para a cerdeira, facéndoa medrar forte e san. Aínda que ata o próximo ano esa cerdeira non volva a dar froitos, a árbore seguirá permanecendo, ao igual que este e-portafolios.